• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético
  • Proxectos financiados

Últimas novas

  • Finest No-deposit Incentive Casinos 2026 A real income Internet sites Checked out
  • Quando cerchi indivisible casa da gioco mediante 50 euro gratifica in assenza di fondo, non alt esaminare solo l’offerta

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

28/07/2023

A Escola de Verán de Enxeñería Civil coñece Allariz da man de Misturas

A Escola de Verán de Enxeñería Civil coñece Allariz da man de Misturas

A Fundación Ingeniería y Sociedad organizou dentro da XXXIII Escola de Verán de Enxeñería Civil un intenso e interesante percorrido pola área fronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal que incluíu unha visita guiada ao casco histórico da localidade ourensá de Allariz. A actividade, que contou coa colaboración de Misturas e que se desenvolveu ...

Ler máis

28/06/2023

Primeira obra de Misturas na Rexión de Murcia

Primeira obra de Misturas na Rexión de Murcia

Contratada polo Concello de Murcia, Misturas executa dous dos sete lotes en que se divide o ambicioso proxecto para ampliar a rede de carrís bici e bus na cidade. En concreto trátase dos sectores Murcia Centro-El Carmen e Vista Alegre-Los Dolores, na que supón a primeira obra que realiza a empresa na comunidade murciana. A ...

Ler máis

30/03/2023

Sostibilidade para o mantemento de parques e xardíns de Ourense

Sostibilidade para o mantemento de parques e xardíns de Ourense

Misturas conta con vehículos eléctricos no seu parque móbil dedicados ao servizo de mantemento de parques e xardíns de Ourense, un contrato que xestiona a compañía para o Concello da capital provincial dende setembro de 2021. Trátase de varias unidades de furgoneta modelo Peugeot Rifter que no seu día foron incorporadas a ese servizo dentro ...

Ler máis

16/01/2023

Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense

Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense

Misturas foi galardoada co premio “Peme do Ano 2022” de Ourense, na sexta edición destes premios. Ademais da dilatada traxectoria da compañía no sector da construción, o xurado destacou o esforzo por diversificar a súa actividade noutras áreas, como o mantemento de infraestruturas, a xestión e execución de servizos de limpeza e o mantemento de ...

Ler máis

15/12/2022

Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Os resultados definitivos do proxecto de I+D+i “EMULCELL” foron presentados con éxito en diversos foros técnicos e empresariais no último cuadrimestre deste ano 2022. O proxecto, liderado por Misturas no período 2017-2021, tivo como obxectivo desenvolver novas emulsións bituminosas aditivadas con nanocelulosa, a fin de obter mesturas asfálticas en frío melloradas e medioambientalmente sostibles. Ademais ...

Ler máis

17/11/2022

Misturas constrúe a nova ligazón de acceso á Autovía AG-53 en Dozón (Pontevedra)

Misturas constrúe a nova ligazón de acceso á Autovía AG-53 en Dozón (Pontevedra)

A Autovía Dozón-Ourense (AG-53) dispón dunha nova ligazón en Dozón, que conecta a infraestrutura de titularidade autonómica coa estrada estatal N-525 á altura deste municipio pontevedrés. O novo ramal de acceso conta con dobre sentido de circulación, iníciase no punto quilométrico (P.K.) 275+000 da Estrada Nacional (ampliando o carril de vehículos lentos preexistente) e cruza ...

Ler máis

18/10/2022

Misturas colabora coa Universidade de Vigo no desenvolvemento de técnicas de última xeración para a avaliación de infraestruturas críticas do transporte

Misturas colabora coa Universidade de Vigo no desenvolvemento de técnicas de última xeración para a avaliación de infraestruturas críticas do transporte

Misturas participa desde a pasada primavera no proxecto de investigación “ENDITI: Avaliación Non Destrutiva de Infraestruturas do Transporte Críticas”, coordinado polo Grupo de Xeotecnologías Aplicadas (GEOTECH) da Universidade de Vigo (UVigo), á fronte do cal está a profesora Mercedes Solla, investigadora “Ramón y Cajal” desta institución académica. O proxecto ENDITI combina varias técnicas punteiras de ...

Ler máis

26/09/2022

Misturas confía a AENOR a certificación do Sistema de Xestión de I+D+i segundo o referencial UNE 166002

Misturas confía a AENOR a certificación do Sistema de Xestión de I+D+i segundo o referencial UNE 166002

O Sistema de Xestión de I+D+i de Misturas foi certificado recentemente por AENOR segundo a norma UNE 166002, tras culminar a empresa a súa adaptación e adecuación aos requisitos da última versión deste referencial, do ano 2021. O sistema de I+D+i de Misturas forma parte do Sistema Integrado de Xestión da organización, tamén auditado e ...

Ler máis

29/08/2022

Reaberto ao paseo o Peirao de Maura de Santander, tra-la rehabilitación acometida por Misturas

Reaberto ao paseo o Peirao de Maura de Santander,  tra-la rehabilitación acometida por Misturas

A finais do pasado mes de xullo foi reaberto ao público o paseo marítimo de Santander no tramo que discorre sobre o Peirao de Maura. A histórica infraestrutura portuaria, que data de 1922, foi obxecto dunha profunda rehabilitación estrutural por parte de Misturas, nunha actuación financiada conxuntamente pola Autoridade Portuaria e o Concello de Santander. ...

Ler máis

12/07/2022

Misturas, distinguida no Informe Empresarial Ardán Galicia 2021 como compañía xeradora de riqueza

Misturas, distinguida no Informe Empresarial Ardán Galicia 2021 como compañía xeradora de riqueza

O Informe Ardán Galicia 2021 distinguiu a Misturas como “Empresa xeradora de Riqueza” pola súa traxectoria nos últimos tres exercicios. Trátase de compañías que superaron a media do seu sector en aspectos como liquidez, produtividade e rendibilidade: entre estes indicadores destacan lograr un EVA (Economic Value Added) por encima de 150.000 €, e un crecemento ...

Ler máis

«‹848849850851852›»