• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

29/08/2022

Reaberto ao paseo o Peirao de Maura de Santander, tra-la rehabilitación acometida por Misturas

Reaberto ao paseo o Peirao de Maura de Santander,  tra-la rehabilitación acometida por Misturas

A finais do pasado mes de xullo foi reaberto ao público o paseo marítimo de Santander no tramo que discorre sobre o Peirao de Maura. A histórica infraestrutura portuaria, que data de 1922, foi obxecto dunha profunda rehabilitación estrutural por parte de Misturas, nunha actuación financiada conxuntamente pola Autoridade Portuaria e o Concello de Santander.

O Peirao de Maura está constituído por unha estrutura de formigón armado conformada por pórticos con vigas de gran canto, lousa superior, piares e pilotes fincados. Tras alcanzar a súa vida útil, estaba afectado por problemas de corrosión e pechado ao público desde 2018, polo que era urxente a súa reparación

Os traballos desenvolvidos por Misturas tiveron por obxecto rehabilitar a integridade da estrutura, mediante a reparación de recubrimentos, protección de armaduras e colocación de ferralla adicional nos casos nos que desaparecera pola corrosión, aplicando finalmente morteiros de reparación

Trátase dunha obra complexa, ao estar condicionada polas mareas, que fixeron necesario a instalación dunha plataforma para os traballos en seco (aproveitando a carreira de mareas) e a intervención de mergulladores na parte sumerxida.

Con esta actuación reabriuse para desfrute público unha zona de lecer e esparexemento situada na parte emblemática da cidade, próxima ao Centro Botín e con vistas privilexiadas sobre a baía de Santander.

FOTO 1 buzo portada
FOTO 2 patologías
FOTO 3 patologías


FOTO 4 patologías
FOTO 5 patologías
FOTO 6 reparado


FOTO 7 reparado
FOTO 8 reparado
FOTO 9 reparado vista gral


FOTO 10 reparado vista gral
FOTO 11 reparado vista parc


  • Voltar