• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético
  • Proxectos financiados

Últimas novas

  • Completado o proxecto Bitúmina para a mellora das mesturas bituminosas en frío con lignina
  • A pleno rendemento o macroplan de estradas da comunidade de Aragón

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

02/01/2026

Completado o proxecto Bitúmina para a mellora das mesturas bituminosas en frío con lignina

Completado o proxecto Bitúmina para a mellora das mesturas bituminosas en frío con lignina

O proxecto de I+D+i Bitúmina, dirixido á mellora técnica e medioambiental das mesturas bituminosas temperadas e frías mediante o uso de lignina modificada quimicamente ou con aditivos oleosos, finalizou o pasado mes de decembro tras acadar todos os seus obxectivos e despois de case tres anos de intenso traballo. Con financiación do Centro para el ...

Ler máis

27/12/2025

A pleno rendemento o macroplan de estradas da comunidade de Aragón

A pleno rendemento o macroplan de estradas da comunidade de Aragón

O Plan Extraordinario de Inversiones en Carreteras de Aragón arrincou a mediados de 2024 como o maior programa de colaboración público-privada existente en España en réxime de concesión. Misturas forma parte dun consorcio encargado de executar as obras e de conservalas durante 25 anos nos itinerarios 5 (Jacetania e Alto Gállego) e 6 (Sobrarbe e ...

Ler máis

25/10/2025

Misturas entrega un novo edificio de mando e un garaxe para vehículos pesados na base militar Conde Gazola

Misturas entrega un novo edificio de mando e un garaxe para vehículos pesados na base militar Conde Gazola

Misturas entregou recentemente dúas importantes obras na base militar Conde de Gazola, situada en San Andrés de Rabanedo (León). Trátase do novo edificio de mando da Udrume (sección de drons da Unidad Militar de Emergencias, UME) e dunha nave para vehículos pesados. Este segundo inmoble é un garaxe de dez vans para o parque de ...

Ler máis

29/09/2025

A área recreativa e natural do encoro de Cachamuíña gaña accesibilidade

A área recreativa e natural do encoro de Cachamuíña gaña accesibilidade

A área recreativa e natural do encoro de Cachamuíña, en Pereiro de Aguiar (Ourense), mellorou notablemente as súas condicións de accesibilidade e comodidade coa construción dunha nova pasarela peonil, que substitúe a unha antiga, e a apertura dun novo tramo de senda. Esta actuación de Misturas, impulsada pola Deputación de Ourense, permitirá ademais reducir os ...

Ler máis

20/07/2025

Primeira construtora galega en certificar o seu sistema de xestión da innovación segundo a nova norma ISO

Primeira construtora galega en certificar o seu sistema de xestión da innovación segundo a nova norma ISO

  A Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR) aprobou o pasado mes de xuño a certificación do sistema de xestión de I+D+i de Misturas segundo a nova norma ISO 56.001, o que converteu a empresa na primeira construtora galega en obter este selo. A nova norma substitúe á antiga UNE 166.002, que desaparecerá definitivamente ...

Ler máis

30/05/2025

CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”

CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”

Se convoca a los Sres. Accionistas de la mercantil “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”, (la “Sociedad”) a la Junta General Ordinaria de Accionistas, que tendrá lugar en el domicilio social, sito en Camiño da Cima, 21 – Bajo, Ourense, el próximo día 30 de junio de 2025, a las 19:00 horas, en primera convocatoria y, en ...

Ler máis

28/04/2025

Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Impulsada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Misturas fixo entrega este mes de abril da obra de mellora do saneamento de Monforte de Lemos (Lugo). O proxecto incluíu importantes actuacións na rede de colectores (pluviais e residuais) en distintas rúas, coa instalación de separadores hidrodinámicos, así como traballos de renovación de beirarrúas, fresado e reposición de pavimentos ...

Ler máis

27/02/2025

Novo polígono industrial na localidade zamorana de San Cristóbal de Entreviñas

Novo polígono industrial na localidade zamorana de San Cristóbal de Entreviñas

O Concello de San Cristóbal de Entreviñas, na provincia de Zamora, conta cun segundo polígono industrial totalmente urbanizado. A obra, executada por Misturas, incluíu movemento de terras, redes de saneamento, abastecemento de auga, media e baixa tensión, alumeado, comunicacións e subministro de gas, pavimentación, ordenación e acondicionamento de vías, habilitación de beirarrúas e mellora de ...

Ler máis

30/12/2024

Misturas completa un minucioso inventario das árbores de Ourense

Misturas completa un minucioso inventario das árbores de Ourense

Dentro do contrato de conservación e mantemento de zonas verdes de Ourense, Misturas afrontou a realización dun meticuloso inventario das árbores da cidade, un traballo que está a disposición do Concello nunha plataforma dixital. Este rexistro reflicte que nas rúas de Ourense hai 4.721 exemplares e que máis do 80% están na marxe esquerda do ...

Ler máis

28/10/2024

Ourense mellora en accesibilidade

Ourense mellora en accesibilidade

As rúas de Avilés de Taramancos e Erdevelo, no barrio ourensán do Couto, están agora conectadas por unhas novas escaleiras e un ascensor grazas a unha intervención de Misturas incluída no proxecto “Ourense Vertical”, impulsado polo Concello desta capital. O ascensor, con frontal de vidro, ten capacidade para 16 persoas e salva unha altura de ...

Ler máis

123›»