• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

17/11/2022

Misturas constrúe a nova ligazón de acceso á Autovía AG-53 en Dozón (Pontevedra)

Misturas constrúe a nova ligazón de acceso á Autovía AG-53 en Dozón (Pontevedra)

A Autovía Dozón-Ourense (AG-53) dispón dunha nova ligazón en Dozón, que conecta a infraestrutura de titularidade autonómica coa estrada estatal N-525 á altura deste municipio pontevedrés.

O novo ramal de acceso conta con dobre sentido de circulación, iníciase no punto quilométrico (P.K.) 275+000 da Estrada Nacional (ampliando o carril de vehículos lentos preexistente) e cruza a AG-53 por un paso inferior situado no P.K. 59+410 da autovía, enlazando finalmente con ela 400 metros máis adiante, pola súa marxe dereita.

O novo acceso á Autovía AG-53 foi construído por Misturas por encargo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia: entrou en servizo a finais do pasado mes de agosto e mellorará substancialmente a mobilidade da comarca pontevedresa do Deza, evitando os desprazamentos dos veciños á ligazón de Piñor, situado no límite provincial de Ourense.

PORTADA IMG-20220810-WA0017
Foto 4 Dozón
Foto 3 Dozón


Foto 2 Dozón
Foto 1 Dozón


  • Voltar