• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós

Últimas novas

  • Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense
  • Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

18/10/2022

Misturas colabora coa Universidade de Vigo no desenvolvemento de técnicas de última xeración para a avaliación de infraestruturas críticas do transporte

Misturas colabora coa Universidade de Vigo no desenvolvemento de técnicas de última xeración para a avaliación de infraestruturas críticas do transporte

Misturas participa desde a pasada primavera no proxecto de investigación “ENDITI: Avaliación Non Destrutiva de Infraestruturas do Transporte Críticas”, coordinado polo Grupo de Xeotecnologías Aplicadas (GEOTECH) da Universidade de Vigo (UVigo), á fronte do cal está a profesora Mercedes Solla, investigadora “Ramón y Cajal” desta institución académica.

O proxecto ENDITI combina varias técnicas punteiras de inspección non destrutiva para a avaliación do estado das infraestruturas do transporte: ademais da aplicación de radar de penetración terrestre (Ground Penetrating Radar, GPR) na detección de fallos non visibles en firmes e plataformas, recórrese a tecnoloxía radar satelital (Interferometric Synthetic Aperture Radar, INSAR) para a análise e control de desprazamentos en diferentes tipos de estruturas presentes nas vías de comunicación.

O uso combinado destas ferramentas tamén posibilitará a xeración de modelos dixitais BIM (Building Information Modeling) específicos para infraestruturas, desenvolvendo algoritmos de intelixencia artificial que faciliten a interpretación conxunta e semi-automática dos datos obtidos coas diferentes técnicas citadas.

Entre os traballos experimentais acometidos con Misturas, destaca a toma de datos GPR nun tramo de proba situado na planta asfáltica que a empresa ten en Allariz (Ourense). Nestas probas de campo utilizáronse 3 antenas xeorradar distintas, con frecuencias de onda electromagnética de 800 MHz, 1.2 Ghz e 2.3 Ghz, co propósito de identificar as distintas capas de firme que compoñen a infraestrutura viaria. Ao tratarse dunha zona experimental, en condicións controladas e medicións reais de espesores (coring), estes datos serán de gran utilidade tanto para as tarefas de calibración do sinal GPR como para o adestramento dos modelos de detección automática de capas baseados en técnicas de aprendizaxe profunda (Deep Learning).

O proxecto ENDITI está co-financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia, dentro do “Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas 2021” e conta, ademais de con Misturas e a UVigo, co apoio de persoal investigador do Grupo GIES da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), do Grupo TIDOP da Universidade de Salamanca (USAL) e do Laboratorio Nacional de Engenharia Civil (LNEC) de Portugal.

INTERIOR IMG-20220628-WA0018

  • Voltar