• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

16/01/2023

Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense

Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense

Misturas foi galardoada co premio “Peme do Ano 2022” de Ourense, na sexta edición destes premios. Ademais da dilatada traxectoria da compañía no sector da construción, o xurado destacou o esforzo por diversificar a súa actividade noutras áreas, como o mantemento de infraestruturas, a xestión e execución de servizos de limpeza e o mantemento de centros portuarios e urbanos.

Outro dos logros valorados polo xurado foi o rendemento da empresa nun ano tan complicado como 2021, no que a compañía foi capaz de ampliar as súas vendas, resultados e número de empregados, cun incremento de persoal dun 18% respecto ao exercicio 2020.

A entrega do galardón tivo lugar na “Oficina Smart” do Banco Santander en Ourense, o 2 de novembro pasado, e foi presidida polo vicepresidente segundo da Deputación Provincial, D. César Fernández

Os premios “Peme do Ano” están organizados pola Cámara de Comercio de España e o Banco Santander. O seu obxectivo é recoñecer o esforzo e desempeño das pequenas e medianas empresas da provincia que contribúen á xeración de riqueza e emprego de calidade con medios sostibles e socialmente responsables (Fotografías cedidas polo Banco Santander).

Máis información en:

https://www.impulsa-empresa.es/premio-pyme-2022/ourense-misturas-obras-e-proxectos/#:~:text=La%20constructora%20Misturas%20Obras%20e,Pyme%20del%20A%C3%B1o%27%20de%20Ourense.

IMG_20221108_161309 Diploma centrado
FOTO 4 ALTA RESOLUC _DSC1183alta
FOTO 3 ALTA RESOLUC


FOTO 2 ALTA RESOLUCIÓN _DSC1226alta
FOTO 1 PORTADA ALTA RESOLUC _DSC1445alta


  • Voltar