• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Historia


imagen_historia
Actualice o seu navegador para poder visualizar o vídeo sobre a historia de Misturas.

Inicios

Fundada en xullo de 1990 en Ourense, Misturas dedicouse nos seus inicios a actuacións de dimensión limitada en obra civil e edificación, principalmente como subcontratista, tanto no ámbito local como provincial e autonómico.

Evolución

A partir do ano 1995 acomete proxectos de maior complexidade técnica, ao obter a clasificación de contratista de obras e pasar de ser unha empresa que realizaba maioritariamente subcontratas a executar os traballos como contratista. Dende entón aplicouse decididamente ao sector público, aínda que sen abandonar nunca o ámbito privado. Entre as súas actuacións destacan a construción de depuradoras, rehabilitacións, obras marítimas e edificación dotacional. No ano 2006 Misturas obtivo a clasificación como empresa de servizos, ampliando o seu campo de actuación cara este sector: conservación e mantemento de estradas, inmobles, vías férreas e reparación e mantemento de equipos e maquinaria.

Outro fito importante na súa evolución foi a adquisición dunha planta de aglomerado e maquinaria de estendido en 2007, incorporando así mesmo persoal con ampla experiencia na produción e estendido de todo tipo de mesturas bituminosas, o que impulsou a súa expansión a todo o territorio peninsular.

Hoxe

Misturas segue enfocada maioritariamente cara á edificación e obra civil, adquirindo nos últimos anos gran peso nas súas actividades as relacionadas cos contratos de servizos, rehabilitación de firmes e de I+D+i. A súa carteira de clientes continúa nutríndose basicamente de administracións públicas, aínda que afronta tamén todo tipo de proxectos de construción do sector privado.