• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

15/12/2022

Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Os resultados definitivos do proxecto de I+D+i “EMULCELL” foron presentados con éxito en diversos foros técnicos e empresariais no último cuadrimestre deste ano 2022. O proxecto, liderado por Misturas no período 2017-2021, tivo como obxectivo desenvolver novas emulsións bituminosas aditivadas con nanocelulosa, a fin de obter mesturas asfálticas en frío melloradas e medioambientalmente sostibles. Ademais da colaboración de CETIM e do Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da Universidade da Coruña (UDC), o proxecto contou co apoio do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI)-Ministerio de Ciencia e Innovación (Ref. IDI-20171097).

O tramo de proba-prototipo construído para validar tecnicamente as innovadoras mesturas asfálticas deu lugar á comunicación “Sustentabilidade na construción de estradas no século XXI. Proxecto EMULCELL: un exemplo práctico de aplicación”, presentada no “X Congreso Virtual sobre Historia das Vías de Comunicación”, organizado o pasado mes de setembro pola Orden de la Caminería de La Cerradura, a Universidade de Xaén (Grupo de investigación HUM 761), a Deputación Provincial de Xaén e o Arquivo Histórico Diocesano da capital andaluza.  Este congreso afianzouse nos últimos anos como un importante foro de estudo, debate e difusión do patrimonio dos camiños e a súa contorna histórica, ambiental, artística, etnográfica, xeográfica e cultural, sen esquecer as novas tendencias na construción de infraestruturas.

Varias mostras das mesturas en frío desenvolvidas por Misturas foron expostas ao público no encontro empresarial sobre innovación tecnolóxica organizado por ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia) o pasado 22 de novembro en Vigo (Pontevedra), baixo o lema “Recordos do Futuro”. O encontro, que tivo lugar no espazo “O Tinglado” do Porto de Vigo, estivo auspiciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), e enmárcase nos actos do décimo aniversario de ATIGA, entidade integrada polos sete centros tecnolóxicos privados de referencia en Galicia: AIMEN, ANFACO-CECOPESCA, CTAG, ENERGYLAB, GRADIAN, ITG e CETIM.

Varias probetas experimentais fabricadas coas innovadoras mesturas foron presentadas no espazo expositivo de CETIM durante a visita de Dª Patricia Argerey, directora de GAIN. Hai que lembrar que estas mesturas bituminosas foron as gañadoras do “I Certame de Materiais Innovadores de Galicia”, organizado pola Materioteca de Galicia en 2021.

Máis información en:

https://www.atiga.es/recuerdos-del-futuro-2022/

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/74855/xunta-felicita-atiga-decimo-aniversario-por-contribucion-transformacion-del-tejido?langId=es_ES

FOTO 2-INTERIOR RECUERDOS_DEL_FUTURO

  • Voltar