• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana
  • Novo polígono industrial na localidade zamorana de San Cristóbal de Entreviñas

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

I+D+i

idi_1tam

Departamento de I+D+i

Creado no ano 2009 co obxectivo de implantar un sistema de xestión segundo a Norma UNE 166002 e sistematizar as actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica realizadas pola empresa.

Neste sentido perséguese:

a) Fomentar a realización de actividades I+D+i no día a día da empresa.

b) Buscar directrices de xestión e organización destas accións, activando un sistema de vixilancia tecnolóxica que poña en valor todas aquelas actuacións susceptibles de xerar tecnoloxías propias e patentes.

c) Potenciar as actividades de I+D+i como un factor diferencial do nivel competitivo nos ámbitos da construción de obra civil e edificación.

imagen_id_2

Actividades

Misturas é membro activo da Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (Envite), un foro de traballo e estudo formado por empresas, institucións e grupos de investigación das universidades galegas que operan no sector ambiental desta comunidade, afrontando actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación co apoio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

Máis información: www.envite.org

Ademáis, forma parte da Plataforma Tecnológica Ferroviaria Española (PTFE), onde colabora cos grupos de traballo de Infraestrutura e Plataforma de Vía, Mantemento de Instalacións Fixas e Superestrutura de Vía.

Máis información: www.ptferroviaraia.es

Participación en proxectos de investigación

Universidade de Vigo.

E.T.S. Enxeñeiros de Minas. Grupo de Investigación TF-1. Fotogrametría e Teledetección Próximas, desenvolvendo o proxecto SITEGI: “Sistemas Integrados de Tecnoloxías para a Xestión de Infraestruturas”, financiado polo Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI), Ministerio de Economía y Competitividad.

Máis información: www.sitegi.es e www.cdti.es

Universidade da Coruña.

E.T.S. Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Liñas de investigación: proxectos de valorización de Residuos de Construción e Demolición (RCD) en obra civil.

Máis información: www.udc.es e caminos.udc.es