• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

26/09/2022

Misturas confía a AENOR a certificación do Sistema de Xestión de I+D+i segundo o referencial UNE 166002

Misturas confía a AENOR a certificación do Sistema de Xestión de I+D+i segundo o referencial UNE 166002

O Sistema de Xestión de I+D+i de Misturas foi certificado recentemente por AENOR segundo a norma UNE 166002, tras culminar a empresa a súa adaptación e adecuación aos requisitos da última versión deste referencial, do ano 2021.

O sistema de I+D+i de Misturas forma parte do Sistema Integrado de Xestión da organización, tamén auditado e certificado por AENOR en Calidade, Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais (segundo as normas UNE 9001, 14001 e 45001, respectivamente) e pon de manifesto o compromiso da empresa polo fomento da innovación na súa actividade diaria.

Desde a súa fundación, en 2008, o Dpto. de I+D+i de Misturas ten desenvolvido proxectos de I+D+i de grande envergadura, traballando con centros de investigación de primeiro nivel, tanto públicos (Universidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela) como privados (CETIM), en ámbitos como os novos materiais de construción, mesturas bituminosas innovadoras e aplicación de tecnoloxías de última xeración na inspección e xestión de infraestruturas do transporte.

Na fotografía, D. José E. Rodríguez Coello, director para Galicia de AENOR Internacional, fai entrega ao persoal de Misturas do certificado acreditativo que distingue á empresa no ámbito da I+D+i.

FOTO INTERIOR CERTIFIC IDI MISTURAS
FOTO 1 PORTADA


  • Voltar