Novas
28/11/2014
Misturas ampara a implantación en Galicia dun máster universitario sobre xeoinformática
A implantación en Galicia dun novo máster sobre xeoinformática recibiu o apoio expreso e formal de Misturas. Este máster, impulsado pola Universidade de Vigo, desenvolveríase en colaboración coa Universidade da Coruña, con docentes da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Vigo e da Facultade de Informática da Coruña. O programa impartiríase en dous ...
21/09/2014
Misturas pon en marcha unha planta de fabricación de aglomerado en frío
Misturas conta cunha nova planta de fabricación de aglomerado en frío situada na parcela da que dispón no polígono industrial de Chorente, na localidade de Allariz (Ourense). A moderna instalación é móbil, da marca Fabremasa, modelo MZF-3, consta de dúas moegas e ten unha capacidade de 180 toneladas por hora para mesturas en frío e ...
30/07/2014
Un consorcio liderado por Misturas desenvolve un proxecto para controlar o deterioro dos diques de abrigo
Un consorcio encabezado por Misturas está a desenvolver un sistema experto de xestión que permita a medición e un control tecnolóxico preciso da evolución e o deterioro de diques de abrigo. En concreto, o proxecto céntrase nunha das tipoloxías máis comúns dos diques portuarios exteriores, a de sección en noiro, con núcleo interno e superposición ...
30/06/2014
Misturas colabora co Rally de Ourense-Ourense Termal en materia de seguridade
A 47ª edición do Rally de Ourense-Ourense Termal, que se celebrou os pasados días 13 e 14 de xuño, contou un ano máis coa colaboración de Misturas, que facilitou á organización diferentes elementos para garantir a seguridade ao longo do percorrido. Concretamente, a empresa puxo a disposición dos promotores deste evento barreiras new jersey, conos ...
10/04/2014
Misturas e outras empresas galegas completan con éxito un proxecto de I+D para optimizar o mantemento de infraestruturas
Un consorcio de empresas entre as que se atopa Misturas acaba de completar con éxito un ambicioso proxecto de investigación para mellorar a seguridade en estradas e abaratar o custo de mantemento destas e outras infraestruturas. En colaboración coa Universidade de Vigo, Misturas e outras catro compañías galegas desenvolveron o proxecto Sitegi, que foi presentado ...
28/01/2014
Misturas urbaniza unha área de 70.000 m2 para ampliar o polígono de Verín
70.500 metros cadrados. Esa é a superficie que a construtora Misturas está a urbanizar para a ampliación do parque empresarial de Pazos, na localidade de Verín, unha obra promovida por Xestur, organismo dependente da Consellería de Medio da Xunta de Galicia que ten un presuposto total de 1,65 millóns de euros. Mediante esta actuación, o ...
21/11/2013
Ana Pastor asistiu á inauguración da “magnífica” obra de rehabilitación da ponte romana de Lugo
A ministra de Fomento, Ana Pastor, asistiu á inauguración da obra de rehabilitación da ponte romana de Lugo e cualificou de “magnífica” a actuación executada por Misturas. A iniciativa, financiada nun 75% con fondos ministeriais e no 25% restante con cargo ao Concello, contemplou a eliminación da estrutura metálica das beirarrúas, así como das lousas ...
15/10/2013
A localidade de Moaña conta dende 2009 coa piscina municipal de referencia do Morrazo
A empresa Misturas construíu o complexo, que dedicou a ximnasio a planta baixa. A piscina cuberta e climatizada do Concello de Moaña constitúe un dos equipamentos máis notables construídos por Misturas. O edificio, con 2.202 m2 distribuídos entre planta baixa e alta, conta cun vaso de 12,5 x 25,02 metros, unha área acondicionada para ximnasio ...
28/09/2013
Misturas renova a súa imaxe dixital
Misturas decidiu renovar completamente a súa imaxe e potenciar a súa presenza en Internet, para o que creou esta páxina web (www.misturas.es) que hoxe se pon en funcionamento.O novo espazo online pretende ser unha plataforma na que Misturas mostra a quen estea interesado todos os seus proxectos. Na súa aposta pola calidade e o deseño, ...
01/09/2013
A rehabilitación da ponte romana de Lugo empregou un láser escáner de alta precisión para a estrutura
Misturas constatou parte das utilidades e o alcance do Proxecto Sitegi. A rehabilitación da ponte romana de Lugo, acabada de completar por Misturas, permitiu constatar parte das utilidades do denominado Proxecto Sitegi, como o uso dun moderno prototipo de láser escáner en tres dimensións que posibilitou que a empresa deixara documentada con total precisión toda ...
