• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana
  • Novo polígono industrial na localidade zamorana de San Cristóbal de Entreviñas

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

30/07/2014

Un consorcio liderado por Misturas desenvolve un proxecto para controlar o deterioro dos diques de abrigo

Un consorcio liderado por Misturas desenvolve un proxecto para controlar o deterioro dos diques de abrigo

Un consorcio encabezado por Misturas está a desenvolver un sistema experto de xestión que permita a medición e un control tecnolóxico preciso da evolución e o deterioro de diques de abrigo. En concreto, o proxecto céntrase nunha das tipoloxías máis comúns dos diques portuarios exteriores, a de sección en noiro, con núcleo interno e superposición de mantos de pezas soltas, como o existente en Punta Langosteira (Porto Exterior de A Coruña).

Na actualidade, a toma de decisións en relación ao mantemento destas grandes infraestruturas, hoxe moi expostas á acción das ondas pola súa construción en zonas portuarias exteriores para acoller grandes buques, realízase sobre referencias cualitativas e sen información cuantitativa específica. Ademais, a recompilación de datos resulta custosa, incluíndo voos fotogramétricos, restitución manual para obtención de resultados, batimetría multihaz mediante embarcacións, etc.

O desprazamento de pezas do manto é un indicador da debilidade da estrutura e este proxecto, denominado PortoExpert, persegue o control tecnolóxico do estado do dique de xeito que se poida prever con suficiente antelación un hipotético defecto no mesmo. O obxectivo final é a xeración de alertas temperás, tanto para aforrar en medios materiais e humanos nas reparacións, como para minimizar os riscos de acadar un estado de avaría.

O sistema combinará técnicas xeomáticas avanzadas baseadas en modernos métodos de análise, como LiDAR móbil, batimetría multihaz ou redes de sensores sen cables, cámaras para a detección de altura de onda e modelos hidrodinámicos específicos para predicir a influencia da acción dos temporais sobre as estruturas de protección.

O proxecto xa avanzou na integración de sistema LiDAR en embarcacións para inspección, con investigacións realizadas in situ ante o dique de Bouzas (Porto de Vigo), o desenvolvemento de algoritmos para avaliar o movemento dos enormes bloques do manto, a medición do remonte das ondas con cámaras fixas en Punta Langosteira e a simulación SPH do remonte e desborde das ondas en estruturas a escala.

PortoExpert3
PortoExpert obtivo financiamento da Axencia Galega de Innovación a través da convocatoria Conecta Peme 2013. Do consorcio que o desenvolve, ademais de Misturas, forman parte as universidades de Vigo e A Coruña, e as empresas Proyestegal e HCTech.

  • Voltar