• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

15/10/2013

A localidade de Moaña conta dende 2009 coa piscina municipal de referencia do Morrazo

A localidade de Moaña conta dende 2009 coa piscina municipal de referencia do Morrazo

A empresa Misturas construíu o complexo, que dedicou a ximnasio a planta baixa.

A piscina cuberta e climatizada do Concello de Moaña constitúe un dos equipamentos máis notables construídos por Misturas. O edificio, con 2.202 m2 distribuídos entre planta baixa e alta, conta cun vaso de 12,5 x 25,02 metros, unha área acondicionada para ximnasio duns 275 m2 e todos os servizos necesarios neste tipo de instalacións. A obra foi inaugurada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a finais de outubro de 2009 e converteuse dende aquel momento na piscina municipal de referencia na bisbarra do Morrazo.

  • 091029702 Piscina Moaña
  • 091112100 Piscina Moaña
  • 091112153 Piscina Moaña

Na construción empregouse unha estrutura mixta de formigón armado e aceiro con vigas e piares, agás para o vaso, no que se utilizaron lousa e muros de formigón armado con xunta de dilatación perimetral. Para a cuberta usáronse tres materiais diferentes: na zona do vaso, panel sándwich de chapa de aceiro; no corredor principal, cuberta invertida con illamento e protexida con árido, e na zona de acceso, lámina asfáltica. Para os cerramentos exteriores diferenciouse o corpo central, con paneis prefabricados de formigón, do resto, con fachada de dobre folla alixeirada. Por último, utilizouse carpintaría de aluminio, anodizada para o exterior, e solos de terrazo micrograno, formigón pulido, granito e gres compacto, segundo as zonas, ademais dunha completa e moderna rede de servizos axeitada para unha instalación deste tipo.

  • Voltar