• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

21/11/2013

Ana Pastor asistiu á inauguración da “magnífica” obra de rehabilitación da ponte romana de Lugo

Ana Pastor asistiu á inauguración da “magnífica” obra de rehabilitación da ponte romana de Lugo

A ministra de Fomento, Ana Pastor, asistiu á inauguración da obra de rehabilitación da ponte romana de Lugo e cualificou de “magnífica” a actuación executada por Misturas. A iniciativa, financiada nun 75% con fondos ministeriais e no 25% restante con cargo ao Concello, contemplou a eliminación da estrutura metálica das beirarrúas, así como das lousas de formigón armado e do pavimento  existente, que foi substituído por outro de lousa á chapacuña. Tamén se construíron novos peitorís de pedra e modificouse a rasante, conseguindo o  previo á rehabilitación acometida en 1893.

A obra posibilitou ademais a Misturas a utilización dun moderno prototipo de láser escáner en tres  dimensións para deixar documentada con total precisión toda a infraestrutura, incluídos a canteiría e a cimentación das pilas que quedaron ao descuberto ao ter que desviar o curso do río Miño no proceso de execución. Os traballos serviron  para coñecer o alcance e precisión dos equipos do denominado Proxecto Sitegi, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo e un grupo de empresas  galegas co fin de mellorar a inspección de infraestruturas.

No acto de inauguración do pasado sábado 19 de outubro, ao que asistiron, ademais da ministra, o alcalde da cidade, José López Orozco; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, Ana Pastor resaltou que a obra permitiu non só recuperar o gran valor do patrimonio histórico artístico lucense, senón tamén renovar as conducións de abastecemento de auga e realizar unha notable actuación medioambiental para recuperar as marxes do río Miño.

  • Voltar