• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

28/11/2014

Misturas ampara a implantación en Galicia dun máster universitario sobre xeoinformática

Misturas ampara a implantación en Galicia dun máster universitario sobre xeoinformática

A implantación en Galicia dun novo máster sobre xeoinformática recibiu o apoio expreso e formal de Misturas. Este máster, impulsado pola Universidade de Vigo, desenvolveríase en colaboración coa Universidade da Coruña, con docentes da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Vigo e da Facultade de Informática da Coruña.

O programa impartiríase en dous semestres e comprendería un amplo abano de materias, entre as que destacan xeomática fundamental, fundamentos de tecnoloxías da información e da comunicación, tratamento de bases de datos xeoespaciais, xeocomputación e xeovisualización, procesamento de imaxes remotas, redes de sensores sen fíos, e sistemas GIS aplicados a dispositivos móbiles e contornos web. O curso académico completaríase cun traballo fin de máster e prácticas en empresas.

Na carta de apoio remitida á Universidade, Misturas destaca a relevancia do plan de estudos confeccionado polos centros universitarios e o seu posible impacto sobre o tecido produtivo galego a partir do curso 2015/2016.

  • Voltar