• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético
  • Proxectos financiados

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Quel futur pour Bruno Casino en 2024 ?

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

10/04/2014

Misturas e outras empresas galegas completan con éxito un proxecto de I+D para optimizar o mantemento de infraestruturas

Misturas e outras empresas galegas completan con éxito un proxecto de I+D para optimizar o mantemento de infraestruturas

Un consorcio de empresas entre as que se atopa Misturas acaba de completar con éxito un ambicioso proxecto de investigación para mellorar a seguridade en estradas e abaratar o custo de mantemento destas e outras infraestruturas. En colaboración coa Universidade de Vigo, Misturas e outras catro compañías galegas desenvolveron o proxecto Sitegi, que foi presentado ...

Ler máis

28/01/2014

Misturas urbaniza unha área de 70.000 m2 para ampliar o polígono de Verín

Misturas urbaniza unha área de 70.000 m2 para ampliar o polígono de Verín

70.500 metros cadrados. Esa é a superficie que a construtora Misturas está a urbanizar para a ampliación do parque empresarial de Pazos, na localidade de Verín, unha obra promovida por Xestur, organismo dependente da Consellería de Medio da Xunta de Galicia que ten un presuposto total de 1,65 millóns de euros. Mediante esta actuación, o ...

Ler máis

21/11/2013

Ana Pastor asistiu á inauguración da “magnífica” obra de rehabilitación da ponte romana de Lugo

Ana Pastor asistiu á inauguración da “magnífica” obra de rehabilitación da ponte romana de Lugo

A ministra de Fomento, Ana Pastor, asistiu á inauguración da obra de rehabilitación da ponte romana de Lugo e cualificou de “magnífica” a actuación executada por Misturas. A iniciativa, financiada nun 75% con fondos ministeriais e no 25% restante con cargo ao Concello, contemplou a eliminación da estrutura metálica das beirarrúas, así como das lousas ...

Ler máis

15/10/2013

A localidade de Moaña conta dende 2009 coa piscina municipal de referencia do Morrazo

A localidade de Moaña conta dende 2009 coa piscina municipal de referencia do Morrazo

A empresa Misturas construíu o complexo, que dedicou a ximnasio a planta baixa. A piscina cuberta e climatizada do Concello de Moaña constitúe un dos equipamentos máis notables construídos por Misturas. O edificio, con 2.202 m2 distribuídos entre planta baixa e alta, conta cun vaso de 12,5 x 25,02 metros, unha área acondicionada para ximnasio ...

Ler máis

28/09/2013

Misturas renova a súa imaxe dixital

Misturas renova a súa imaxe dixital

Misturas decidiu renovar completamente a súa imaxe e potenciar a súa presenza en Internet, para o que creou esta páxina web (www.misturas.es) que hoxe se pon en funcionamento.O novo espazo online pretende ser unha plataforma na que Misturas mostra a quen estea interesado todos os seus proxectos. Na súa aposta pola calidade e o deseño, ...

Ler máis

01/09/2013

A rehabilitación da ponte romana de Lugo empregou un láser escáner de alta precisión para a estrutura

A rehabilitación da ponte romana de Lugo empregou un láser escáner de alta precisión para a estrutura

Misturas constatou parte das utilidades e o alcance do Proxecto Sitegi. A rehabilitación da ponte romana de Lugo, acabada de completar por Misturas, permitiu constatar parte das utilidades do denominado Proxecto Sitegi, como o uso dun moderno prototipo de láser escáner en tres dimensións que posibilitou que a empresa deixara documentada con total precisión toda ...

Ler máis

08/08/2013

Misturas executa os traballos de reparación da rede viaria de Ferrol

Misturas executa os traballos de reparación da rede viaria de Ferrol

A empresa ten preparados equipos técnicos e humanos suficientes para responder a situacións de emerxencia. Misturas executa desde principios de ano todos os traballos de mantemento e reparación de estradas nas zonas rural e urbana de todo o termo municipal de Ferrol. O contrato ten unha duración de dous anos, prorrogable por outros dous, e ...

Ler máis

10/07/2013

Misturas lidera un proxecto de I+D que mellora a seguridade en estradas e abarata o mantemento

Misturas lidera un proxecto de I+D que mellora a seguridade en estradas e abarata o mantemento

Un prototipo similar pero técnicamente máis completo ao utilizado por Google para a súa ferramenta “street view” recolle todo tipo de datos sobre o estado das vías. Misturas participa nun ambicioso proxecto de I+D que permitirá crear e adaptar modernos sistemas tecnolóxicos para mellorar a seguridade en estradas e reducir os custos de mantemento. En ...

Ler máis

«‹141516