• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

11/11/2023

Mellora técnica e ambiental de mesturas bituminosas en frío a través dun proxecto de I+D+i compartido con Ence

Mellora técnica e ambiental de mesturas bituminosas en frío a través dun proxecto de I+D+i compartido con Ence

A través dun proxecto liderado por Ence Energía y Celulosa, S.A., Misturas buscará mellorar as prestacións técnicas e medioambientais das mesturas bituminosas frías e temperadas. Farao mediante o uso de lignina obtida no proceso de produción de pasta de celulosa, que será modificada quimicamente ou con aditivos oleosos,  incorporando tamén material procedente do fresado de ...

Ler máis

15/10/2023

Os xardíns dos tres campus da Universidade de Vigo serán coidados por Misturas

Os xardíns dos tres campus da Universidade de Vigo serán coidados por Misturas

Durante os próximos dous anos Misturas encargarase das necesidades de conservación e mantemento dos ecosistemas axardinados, parques e zonas forestais da Universidade de Vigo. O contrato abrangue os tres campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, incluíndo o denominado Campus Histórico de Vigo, na rúa Torrecedeira, e o arboredo da facultade de Belas Artes de Pontevedra. ...

Ler máis

04/08/2023

Misturas acóllese ao Plan Moves III para mellorar a sostibilidade da súa frota de vehículos

Misturas acóllese ao Plan Moves III para mellorar a sostibilidade da súa frota de vehículos

Misturas acolleuse ao Plan Moves III do Goberno de España, para mellorar a sostibilidade da súa frota de vehículos. Fíxoo, en concreto, coa adquisición de novas furgonetas Peugeot-Rifter de propulsión 100% eléctrica, que aumentan o nivel de descarbonización dun parque móbil que xa contaba con modelos híbridos. O Plan Moves III está promovido polo Ministerio ...

Ler máis

28/07/2023

A Escola de Verán de Enxeñería Civil coñece Allariz da man de Misturas

A Escola de Verán de Enxeñería Civil coñece Allariz da man de Misturas

A Fundación Ingeniería y Sociedad organizou dentro da XXXIII Escola de Verán de Enxeñería Civil un intenso e interesante percorrido pola área fronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal que incluíu unha visita guiada ao casco histórico da localidade ourensá de Allariz. A actividade, que contou coa colaboración de Misturas e que se desenvolveu ...

Ler máis

28/06/2023

Primeira obra de Misturas na Rexión de Murcia

Primeira obra de Misturas na Rexión de Murcia

Contratada polo Concello de Murcia, Misturas executa dous dos sete lotes en que se divide o ambicioso proxecto para ampliar a rede de carrís bici e bus na cidade. En concreto trátase dos sectores Murcia Centro-El Carmen e Vista Alegre-Los Dolores, na que supón a primeira obra que realiza a empresa na comunidade murciana. A ...

Ler máis

30/03/2023

Sostibilidade para o mantemento de parques e xardíns de Ourense

Sostibilidade para o mantemento de parques e xardíns de Ourense

Misturas conta con vehículos eléctricos no seu parque móbil dedicados ao servizo de mantemento de parques e xardíns de Ourense, un contrato que xestiona a compañía para o Concello da capital provincial dende setembro de 2021. Trátase de varias unidades de furgoneta modelo Peugeot Rifter que no seu día foron incorporadas a ese servizo dentro ...

Ler máis

16/01/2023

Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense

Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense

Misturas foi galardoada co premio “Peme do Ano 2022” de Ourense, na sexta edición destes premios. Ademais da dilatada traxectoria da compañía no sector da construción, o xurado destacou o esforzo por diversificar a súa actividade noutras áreas, como o mantemento de infraestruturas, a xestión e execución de servizos de limpeza e o mantemento de ...

Ler máis

15/12/2022

Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Os resultados definitivos do proxecto de I+D+i “EMULCELL” foron presentados con éxito en diversos foros técnicos e empresariais no último cuadrimestre deste ano 2022. O proxecto, liderado por Misturas no período 2017-2021, tivo como obxectivo desenvolver novas emulsións bituminosas aditivadas con nanocelulosa, a fin de obter mesturas asfálticas en frío melloradas e medioambientalmente sostibles. Ademais ...

Ler máis

17/11/2022

Misturas constrúe a nova ligazón de acceso á Autovía AG-53 en Dozón (Pontevedra)

Misturas constrúe a nova ligazón de acceso á Autovía AG-53 en Dozón (Pontevedra)

A Autovía Dozón-Ourense (AG-53) dispón dunha nova ligazón en Dozón, que conecta a infraestrutura de titularidade autonómica coa estrada estatal N-525 á altura deste municipio pontevedrés. O novo ramal de acceso conta con dobre sentido de circulación, iníciase no punto quilométrico (P.K.) 275+000 da Estrada Nacional (ampliando o carril de vehículos lentos preexistente) e cruza ...

Ler máis

18/10/2022

Misturas colabora coa Universidade de Vigo no desenvolvemento de técnicas de última xeración para a avaliación de infraestruturas críticas do transporte

Misturas colabora coa Universidade de Vigo no desenvolvemento de técnicas de última xeración para a avaliación de infraestruturas críticas do transporte

Misturas participa desde a pasada primavera no proxecto de investigación “ENDITI: Avaliación Non Destrutiva de Infraestruturas do Transporte Críticas”, coordinado polo Grupo de Xeotecnologías Aplicadas (GEOTECH) da Universidade de Vigo (UVigo), á fronte do cal está a profesora Mercedes Solla, investigadora “Ramón y Cajal” desta institución académica. O proxecto ENDITI combina varias técnicas punteiras de ...

Ler máis

‹1234›»