• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético
  • Proxectos financiados

Últimas novas

  • A pleno rendemento o macroplan de estradas da comunidade de Aragón
  • Misturas entrega un novo edificio de mando e un garaxe para vehículos pesados na base militar Conde Gazola

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

16/01/2023

Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense

Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense

Misturas foi galardoada co premio “Peme do Ano 2022” de Ourense, na sexta edición destes premios. Ademais da dilatada traxectoria da compañía no sector da construción, o xurado destacou o esforzo por diversificar a súa actividade noutras áreas, como o mantemento de infraestruturas, a xestión e execución de servizos de limpeza e o mantemento de ...

Ler máis

15/12/2022

Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Os resultados definitivos do proxecto de I+D+i “EMULCELL” foron presentados con éxito en diversos foros técnicos e empresariais no último cuadrimestre deste ano 2022. O proxecto, liderado por Misturas no período 2017-2021, tivo como obxectivo desenvolver novas emulsións bituminosas aditivadas con nanocelulosa, a fin de obter mesturas asfálticas en frío melloradas e medioambientalmente sostibles. Ademais ...

Ler máis

17/11/2022

Misturas constrúe a nova ligazón de acceso á Autovía AG-53 en Dozón (Pontevedra)

Misturas constrúe a nova ligazón de acceso á Autovía AG-53 en Dozón (Pontevedra)

A Autovía Dozón-Ourense (AG-53) dispón dunha nova ligazón en Dozón, que conecta a infraestrutura de titularidade autonómica coa estrada estatal N-525 á altura deste municipio pontevedrés. O novo ramal de acceso conta con dobre sentido de circulación, iníciase no punto quilométrico (P.K.) 275+000 da Estrada Nacional (ampliando o carril de vehículos lentos preexistente) e cruza ...

Ler máis

18/10/2022

Misturas colabora coa Universidade de Vigo no desenvolvemento de técnicas de última xeración para a avaliación de infraestruturas críticas do transporte

Misturas colabora coa Universidade de Vigo no desenvolvemento de técnicas de última xeración para a avaliación de infraestruturas críticas do transporte

Misturas participa desde a pasada primavera no proxecto de investigación “ENDITI: Avaliación Non Destrutiva de Infraestruturas do Transporte Críticas”, coordinado polo Grupo de Xeotecnologías Aplicadas (GEOTECH) da Universidade de Vigo (UVigo), á fronte do cal está a profesora Mercedes Solla, investigadora “Ramón y Cajal” desta institución académica. O proxecto ENDITI combina varias técnicas punteiras de ...

Ler máis

26/09/2022

Misturas confía a AENOR a certificación do Sistema de Xestión de I+D+i segundo o referencial UNE 166002

Misturas confía a AENOR a certificación do Sistema de Xestión de I+D+i segundo o referencial UNE 166002

O Sistema de Xestión de I+D+i de Misturas foi certificado recentemente por AENOR segundo a norma UNE 166002, tras culminar a empresa a súa adaptación e adecuación aos requisitos da última versión deste referencial, do ano 2021. O sistema de I+D+i de Misturas forma parte do Sistema Integrado de Xestión da organización, tamén auditado e ...

Ler máis

29/08/2022

Reaberto ao paseo o Peirao de Maura de Santander, tra-la rehabilitación acometida por Misturas

Reaberto ao paseo o Peirao de Maura de Santander,  tra-la rehabilitación acometida por Misturas

A finais do pasado mes de xullo foi reaberto ao público o paseo marítimo de Santander no tramo que discorre sobre o Peirao de Maura. A histórica infraestrutura portuaria, que data de 1922, foi obxecto dunha profunda rehabilitación estrutural por parte de Misturas, nunha actuación financiada conxuntamente pola Autoridade Portuaria e o Concello de Santander. ...

Ler máis

12/07/2022

Misturas, distinguida no Informe Empresarial Ardán Galicia 2021 como compañía xeradora de riqueza

Misturas, distinguida no Informe Empresarial Ardán Galicia 2021 como compañía xeradora de riqueza

O Informe Ardán Galicia 2021 distinguiu a Misturas como “Empresa xeradora de Riqueza” pola súa traxectoria nos últimos tres exercicios. Trátase de compañías que superaron a media do seu sector en aspectos como liquidez, produtividade e rendibilidade: entre estes indicadores destacan lograr un EVA (Economic Value Added) por encima de 150.000 €, e un crecemento ...

Ler máis

04/05/2022

Entra en servizo o novo albergue de peregrinos de A Laxe en Vilasantar (A Coruña)

Entra en servizo o novo albergue de peregrinos de A Laxe en Vilasantar (A Coruña)

O novo albergue de Vilasantar (A Coruña), construído por Misturas para a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, entrou en servizo esta semana Santa acollendo peregrinos que percorren o Camiño do Norte cara a Santiago, con motivo da ampliación do Ano Santo Compostelán a 2022 e coincidindo co inicio da tempada alta ...

Ler máis

07/04/2022

Iniciadas as obras do futuro Centro Tecnolóxico “ Silver Economy” de Zamora, coa visita do presidente da Deputación Provincial

Iniciadas as obras do  futuro Centro Tecnolóxico “ Silver  Economy” de Zamora, coa visita do presidente da Deputación Provincial

O pasado marzo Misturas iniciou as obras de acondicionamento do Viveiro de Empresas de La Aldehuela, en Zamora, no que se situará o futuro Centro Tecnolóxico de Innovación “Silver  Economy”. Trátase dun novo centro de traballo con vocación internacional, destinado a iniciativas empresariais relacionadas cos coidados ás persoas maiores, impulsado pola Deputación Provincial de Zamora. ...

Ler máis

15/03/2022

Misturas protagoniza o especial sobre innovación sostible do programa “Vivir Aquí” de Televisión de Galicia (TVG)

Misturas protagoniza o especial sobre innovación sostible do programa “Vivir Aquí” de Televisión de Galicia (TVG)

Misturas foi a protagonista da edición especial sobre innovación sostible do programa “Vivir aquí” de Televisión de Galicia (TVG), emitido o pasado 15 de xaneiro na cadea autonómica. O espazo presentado polo xornalista Antón Galocha mostrou algunhas das iniciativas desenvolvidas pola compañía para fabricar pavimentos máis respectuosos co medio ambiente. Ademais de visitar a planta ...

Ler máis

‹12345›»