• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético
  • Proxectos financiados

Últimas novas

  • Caillou Book Of Ra Roulette argent réel gauloise Allez gratuitement en galet un tantinet
  • Prime Sans Conserve 2023 : Book Of Ra Magic Pas de dépôt Belles Offres Des français

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

13/08/2024

Valdebebas ten nova escola infantil

Valdebebas ten nova escola infantil

Misturas completou a construción da nova escola infantil de primeiro ciclo (0 a 3 anos) do distrito madrileño de Hortaleza, en Valdebebas. O edificio acada unha superficie duns 1.600 metros cadrados sobre unha parcela de case 4.500, conta con acceso peonil e rodado desde diferentes rúas, e consta unicamente de planta baixa para facilitar unha ...

Ler máis

03/06/2024

Recoñecemento polo resultado da renovación da explanada principal da Escola Naval de Marín

Recoñecemento polo resultado da renovación da explanada principal da Escola Naval de Marín

As obras de renovación do pavimento e os servizos da explanada principal da Escola Naval de Marín (zona de circulación, instrución e celebración de actos) recibiron un recoñecemento específico por parte da institución castrense. Misturas foi obsequiada cunha imaxe da entrada das instalacións obra de Txema Prada, cunha inscrición coa que se agradece expresamente o ...

Ler máis

25/04/2024

Misturas ingresa na Asociación Española de Fabricantes de Mezclas Asfálticas

Misturas ingresa na Asociación Española de Fabricantes de Mezclas Asfálticas

Misturas acaba de ingresar na Asociación Española de Fabricantes de Mezclas Asfálticas (Asefma). Entre os obxectivos desta entidade figuran o fomento da investigación e a colaboración na redacción de normas de fabricación, aplicación e control de calidade en relación ás mesturas asfálticas para a pavimentación viaria, así como a preservación do medio ambiente nesta actividade. ...

Ler máis

27/02/2024

Restaurado o edificio de Turismo e Emigración no casco histórico de Santiago

Restaurado o edificio de Turismo e Emigración no casco histórico de Santiago

Contratada pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Misturas executou a obra de restauración, mellora da envolvente térmica e distribución de espazos do edificio da praza de Mazarelos, en Santiago de Compostela, ocupado pola Oficina de Turismo e a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. A actuación supuxo ...

Ler máis

26/12/2023

Unha central de subministro de enerxía térmica en Lugo premiada polo sector

Unha central de subministro de enerxía térmica en Lugo premiada polo sector

A construción por Misturas dunha planta de biomasa e a súa rede de distribución de enerxía térmica para calefacción, destinada a unha área de catro centros educativos e dúas residencias xuvenís en Lugo, ten recibido o recoñecemento expreso do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal), no marco do segundo simposio Urban Solutions. A actuación, ...

Ler máis

11/11/2023

Mellora técnica e ambiental de mesturas bituminosas en frío a través dun proxecto de I+D+i compartido con Ence

Mellora técnica e ambiental de mesturas bituminosas en frío a través dun proxecto de I+D+i compartido con Ence

A través dun proxecto liderado por Ence Energía y Celulosa, S.A., Misturas buscará mellorar as prestacións técnicas e medioambientais das mesturas bituminosas frías e temperadas. Farao mediante o uso de lignina obtida no proceso de produción de pasta de celulosa, que será modificada quimicamente ou con aditivos oleosos,  incorporando tamén material procedente do fresado de ...

Ler máis

15/10/2023

Os xardíns dos tres campus da Universidade de Vigo serán coidados por Misturas

Os xardíns dos tres campus da Universidade de Vigo serán coidados por Misturas

Durante os próximos dous anos Misturas encargarase das necesidades de conservación e mantemento dos ecosistemas axardinados, parques e zonas forestais da Universidade de Vigo. O contrato abrangue os tres campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, incluíndo o denominado Campus Histórico de Vigo, na rúa Torrecedeira, e o arboredo da facultade de Belas Artes de Pontevedra. ...

Ler máis

04/08/2023

Misturas acóllese ao Plan Moves III para mellorar a sostibilidade da súa frota de vehículos

Misturas acóllese ao Plan Moves III para mellorar a sostibilidade da súa frota de vehículos

Misturas acolleuse ao Plan Moves III do Goberno de España, para mellorar a sostibilidade da súa frota de vehículos. Fíxoo, en concreto, coa adquisición de novas furgonetas Peugeot-Rifter de propulsión 100% eléctrica, que aumentan o nivel de descarbonización dun parque móbil que xa contaba con modelos híbridos. O Plan Moves III está promovido polo Ministerio ...

Ler máis

28/07/2023

A Escola de Verán de Enxeñería Civil coñece Allariz da man de Misturas

A Escola de Verán de Enxeñería Civil coñece Allariz da man de Misturas

A Fundación Ingeniería y Sociedad organizou dentro da XXXIII Escola de Verán de Enxeñería Civil un intenso e interesante percorrido pola área fronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal que incluíu unha visita guiada ao casco histórico da localidade ourensá de Allariz. A actividade, que contou coa colaboración de Misturas e que se desenvolveu ...

Ler máis

28/06/2023

Primeira obra de Misturas na Rexión de Murcia

Primeira obra de Misturas na Rexión de Murcia

Contratada polo Concello de Murcia, Misturas executa dous dos sete lotes en que se divide o ambicioso proxecto para ampliar a rede de carrís bici e bus na cidade. En concreto trátase dos sectores Murcia Centro-El Carmen e Vista Alegre-Los Dolores, na que supón a primeira obra que realiza a empresa na comunidade murciana. A ...

Ler máis

«‹240241242243244›»