• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

11/11/2023

Mellora técnica e ambiental de mesturas bituminosas en frío a través dun proxecto de I+D+i compartido con Ence

Mellora técnica e ambiental de mesturas bituminosas en frío a través dun proxecto de I+D+i compartido con Ence

A través dun proxecto liderado por Ence Energía y Celulosa, S.A., Misturas buscará mellorar as prestacións técnicas e medioambientais das mesturas bituminosas frías e temperadas. Farao mediante o uso de lignina obtida no proceso de produción de pasta de celulosa, que será modificada quimicamente ou con aditivos oleosos,  incorporando tamén material procedente do fresado de firmes en substitución do árido natural.

A iniciativa conta co apoio de Cetim (Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial) e da Universidade de Santiago de Compostela (Grupo Integrado de Enxeñería Civil e Xeomática do campus de Lugo), e desenvolverase durante un período de tres anos.

O proxecto, denominado Bitúmina, acaba de superar a validación do principio DNSH, que implica o recoñecemento oficial de que non causará prexuízo ao medio ambiente. Esta certificación é un requisito obrigado para os proxectos de I+D+i cofinanciados polo CDTI que conten con fondos Next Generation EU. Garante o cumprimento de seis obxectivos ambientais como son a mitigación do cambio climático, a adaptación ao mesmo, o uso sostible e la protección dos recursos hídricos, a transición cara unha economía circular, a prevención e control da contaminación, e a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

PORTADA 1
INTERIOR
DNSH BITÚMINA 2_page interior


DNSH BITÚMINA 1_page interior


  • Voltar