• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

26/12/2023

Unha central de subministro de enerxía térmica en Lugo premiada polo sector

Unha central de subministro de enerxía térmica en Lugo premiada polo sector

A construción por Misturas dunha planta de biomasa e a súa rede de distribución de enerxía térmica para calefacción, destinada a unha área de catro centros educativos e dúas residencias xuvenís en Lugo, ten recibido o recoñecemento expreso do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal), no marco do segundo simposio Urban Solutions.

A actuación, unha importante aposta ecolóxica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), supuxo a instalación de dúas caldeiras cunha potencia nominal cada unha de 800 kW e unha temperatura de funcionamento máxima de 95ºC. A Xunta de Galicia estima que coa instalación aforraranse ao ano máis de 500 toneladas de emisións de CO2.

O proxecto beneficia ao I.E.S. Lucus Augusti, I.E.S. Nosa Señora dos Ollos Grandes, C.I.F.P. Politécnico e C.E.I.P. Anexa, que comparte inmoble coa Facultade de Formación do Profesorado, así como ás residencias da Consellería de Política Social Lugo I e Lugo II.

PORTADA 1703703920056
interior 6-1703703920158
interior 4-1703703920119


interior 3-1703703920112
interior 2
interior 1-1703703920263




  • Voltar