10/02/2021
Misturas finaliza o proxecto EMULCELL coa construción dun tramo de proba-prototipo que incorpora asfalto experimental
![Misturas finaliza o proxecto EMULCELL coa construción dun tramo de proba-prototipo que incorpora asfalto experimental Misturas finaliza o proxecto EMULCELL coa construción dun tramo de proba-prototipo que incorpora asfalto experimental](http://misturas.es/wp-content/uploads/2021/02/web-5-emulcell-cartel-720x260.jpg)
O pasado 31/12/2020 Misturas finalizou o proxecto de I+D EMULCELL, acometido pola empresa co apoio do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI), organismo dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación (Ref. IDI-20171097). No último trimestre de 2020 construíuse no Polígono de Chorente, en Allariz (Ourense), o tramo de proba previsto no proxecto, que incluíu un novo tipo de mestura bituminosa en frío na capa de base: en concreto, unha grava- emulsión experimental que incorpora nanocelulosa na súa composición. As fotografías mostran varios momentos do proceso de construción do prototipo
No deseño da nova mestura en frío, obxectivo principal do proxecto, colaboraron como subcontratas de Misturas o Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña (UDC) e o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM).
O proxecto EMULCELL foi realizado por Misturas desde xullo do 2017 ata decembro de 2020, cun orzamento de 568.912 €, en cuxo financiamento participou o CDTI cunha achega de 425.375,50 €. A súa finalización estaba inicialmente prevista para marzo de 2020, pero o confinamento debido á pandemia por COVID motivou a concesión dunha prórroga de execución por parte do CDTI ata decembro dese ano