Novas
28/04/2025
Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Impulsada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Misturas fixo entrega este mes de abril da obra de mellora do saneamento de Monforte de Lemos (Lugo).
O proxecto incluíu importantes actuacións na rede de colectores (pluviais e residuais) en distintas rúas, coa instalación de separadores hidrodinámicos, así como traballos de renovación de beirarrúas, fresado e reposición de pavimentos de formigón armado e mesturas bituminosas en quente.
A obra permitiu tamén eliminar verteduras ao río Cabe.