Novas
20/09/2018
Misturas asume a conservación de estradas do Sur da provincia de Pontevedra
Misturas é a nova empresa responsable da conservación ordinaria das estradas provinciais do sur de Pontevedra, despois de que a Deputación Provincial lle adxudicara o servizo para os vindeiros catro anos. O contrato asinouse o pasado mes de xuño. As tarefas que desenvolverá Misturas abarcan, por unha banda, operacións programadas de mantemento de vías e, ...
22/07/2018
Técnicos de Misturas mostran nun foro internacional a súa experiencia no uso do xeorradar nun proxecto arqueolóxico
Técnicos do Departamento de I+D de Misturas presentaron na última edición do Congreso Euro-Americano de Patoloxías da Construción, Rehabilitación e Xestión do Patrimonio, Rehabend 2018, celebrado en Cáceres o pasado mes de maio, un relatorio baseado na súa experiencia no emprego de técnicas de inspección con xeorradar (GPR) no xacemento romano de Aquis Querquennis, situado ...
02/05/2018
Rematado o reforzo dos piares no Paseo Marítimo de Castro Urdiales
As obras para reforzar os piares do Paseo Marítimo de Castro Urdiales, en Cantabria, finalizaron o pasado mes de abril. Os traballos iniciáronse en outubro pasado, cun prazo de execución de seis meses, pero Misturas tivo que paralizar as tarefas en varias ocasións durante este inverno, por culpa dos fortes temporais que afectaron á zona. ...
19/03/2018
Portocultura, renovados 2.000 metros cadrados de oficinas e 4.500 de urbanización no porto de Vigo
Misturas foi a empresa adxudicataria das obras de ‘Portocultura’, un proxecto para o que se reconverteu a antiga fábrica de redeiros do Berbés, en Vigo, nun inmoble destinado a albergar o Centro de Apoio ao Mariño, a Federación Internacional de Traballadores do Transporte e oficinas para empresas marítimo-pesqueiras. Con estes traballos, contratados pola Autoridade Portuaria ...
01/02/2018
Os veciños de Ferrol poden solicitar o arranxo das rúas a través de Internet
Os veciños de Ferrol xa poden solicitar o arranxo de fochancas e danos nas súas rúas a través dunha plataforma online, unha nova vía de comunicación telemática directa con Misturas. A empresa, adxudicataria dos traballos de reparación e mantemento de rúas e camiños desde hai uns meses, completou o servizo coa posta en funcionamento de ...
10/12/2017
Misturas aposta polo uso combinado de técnicas non destrutivas na inspección de estruturas portuarias
Misturas presentou no III Congreso Internacional de Enxeñería Civil e Territorio, celebrado en Vigo en outubro pasado, unha comunicación sobre os resultados do uso combinado de técnicas de inspección non destrutivas en zonas portuarias. Concretamente, os responsables da iniciativa destacaron que a utilización combinada de Xeorradar (Ground Penetrating Radar – GPR), Termografía Infravermella (Infrared Thermography ...
05/10/2017
A Escola de Minas e Enerxía de Vigo recoñece a traxectoria de Misturas e o seu apoio á Universidade
A Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo (UVigo) recoñeceu a traxectoria de Misturas, outorgándolle un diploma de agradecemento pola súa colaboración nos ámbitos da docencia e da investigación. A Escola celebrou en Vigo, en xullo pasado, o acto académico de gradación dos alumnos das distintas titulacións que se imparten no ...
07/09/2017
Misturas habilita unha planta de mesturas bituminosas en quente en Melide (A Coruña)
Misturas habilitou en Melide, na provincia da Coruña, unha planta de mesturas bituminosas en quente. Trátase dunha moderna instalación de fabricación descontinua estacionaria, modelo RM-200 de Intrame, cunha capacidade de produción superior ás 200 t/h para a preparación de todo tipo de mesturas bituminosas en quente. A localización escollida, no centro de Galicia e nas ...
21/08/2017
Misturas leva o xeorradar ao Congreso Internacional de Estruturas de ACHE
Misturas participou na sétima edición do Congreso Internacional de Estruturas da “Asociación Científico-Técnica del Hormigón Estructural” (ACHE), cun relatorio titulado ‘Técnicas de Inspección GPR en construción: Aplicación Android para o procesado de sinal’, que analiza a utilidade do xeorradar (Ground Penetrating Radar, GPR) como técnica de inspección non destrutiva no estudo e control das estruturas ...
26/06/2017
Campaña para sensibilizar sobre a seguridade nos pasos a nivel ferroviarios
Misturas sumouse á campaña internacional de sensibilización sobre os pasos a nivel ferroviarios, unha iniciativa impulsada pola Organización Mundial do Ferrocarril (UIC) para conmemorar o Día Internacional dos Pasos a Nivel (ILCAD), celebrada o pasado 2 de xuño e na que participaron a Plataforma Tecnolóxica Ferroviaria Española (PTFE) e a Fundación dos Ferrocarrís Españois (FFE) ...
