Novas
20/12/2019
Un estudo con participación de Misturas, premiado na feira Innovacarretera
Un estudo realizado con participación de Misturas recibiu o Premio ao mellor Proxecto de I+D+i exposto na feira Innovacarretera 2019. Concretamente, o “Estudo comparativo de dous métodos de deseño para mesturas asfálticas recicladas en frío in situ con emulsión bituminosa en laboratorio”, dos investigadores Pablo Orosa, Ana María Rodríguez e Ignacio Pérez, da ETS de ...
18/10/2019
Misturas participa no comité asesor da Agrupación Estratéxica do CITEEC da Universidade da Coruña
dirección de Misturas foi convidada a participar na reunión do comité asesor científico externo da Agrupación Estratéxica do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña (UDC), que tivo lugar o pasado 27 de setembro. Este comité, formado por representantes institucionais e empresariais de recoñecido prestixio vinculados coas temáticas ...
21/08/2019
A Escola Infantil da Veigadaña, finalista dos premios FAD de Arquitectura
A Escola Infantil da Veigadaña (Mos-Pontevedra), construída por Misturas, resultou finalista na categoría de Arquitectura dos premios FAD de Arquitectura e Interiorismo, un dos certames máis prestixiosos do sector a nivel mundial. Este galardón foi publicado no número 389/390 da revista de arquitectura ON DISEÑO (www.ondiseno.com). A obra, promovida polo Consorcio Galego de Servizos de ...
02/07/2019
Apoio á implantación en Ourense do Máster de Enxeñería Aeronáutica
Misturas manifestou publicamente o seu apoio á implantación en exclusiva no campus de Ourense do Máster en Enxeñería Aeronáutica a través dunha carta enviada á Escola de Enxeñería Aeronáutica da Universidade de Vigo, asinada polo apoderado da empresa Francisco Rodríguez López. Na misiva, Rodríguez expón ademais que este máster é de interese para a compañía ...
14/05/2019
Misturas renova o seu parque de maquinaria
Misturas adquiriu nova maquinaria durante o primeiro trimestre do ano para reforzar varios dos contratos de servizos que ten en marcha nestes momentos. Concretamente, incorporou ao seu parque de maquinaria dous tractores John Deere (modelo 6115) con brazos para rozar (Orsi 555) co obxectivo de mellorar as tarefas de conservación de infraestruturas do transporte, traballos ...
04/04/2019
Nanocelulosas para obter mesturas asfálticas en frío melloradas e sostibles
Misturas acaba de iniciar o segundo fito do proxecto de I+D Emulcell, no que traballa desde xullo de 2017 para desenvolver novas emulsións bituminosas mediante o uso de nanocelulosas, co obxectivo de obter mesturas asfálticas en frío melloradas ambientalmente sostibles. O proxecto Emulcell investiga o uso de distintos tipos de nanocelulosas como emulxentes para a ...
08/03/2019
Concentración en Misturas para conmemorar o Día Internacional da Muller
Os traballadores e traballadoras de Misturas concentráronse esta mañá nas instalacións da compañía en Ourense en sinal de apoio e conmemoración do Día Internacional da Muller, que se celebra cada 8 de marzo. Conscientes da necesidade de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, nun sector no que a presenza feminina é aínda pequena, ...
15/01/2019
Adxudican a Misturas o acondicionamento dos túneles de Ocharán, en Castro Urdiales (Cantabria)
Misturas resultou adxudicataria das obras de acondicionamento dos túneles de Ocharán e da urbanización da contorna da rúa de Leonardo Rucabado, no municipio cántabro de Castro Urdiales. Cun prazo de execución de seis meses, Misturas encargarase da rehabilitación dos túneles. Por unha banda, levará a cabo o derrubamento e ampliación do túnel polo que actualmente ...
26/12/2018
Misturas obtén o indicador ARDÁN ‘Empresa Innovadora
Misturas obtivo o indicador Ardán ‘Empresa Innovadora’, un distintivo que se outorga ás compañías galegas que presentan altos niveis no seu desempeño innovador, medido a través de indicadores como o esforzo en I+D interna, capacitación en I+D+i, tecnoloxía en procesos, produtividade laboral ou retorno da I+D+i. Os proxectos de investigación e desenvolvemento levados a cabo ...
16/11/2018
Inaugurado o aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo construído por Misturas
O Concello de Vigo acaba de inaugurar o novo aparcadoiro municipal do Hospital Álvaro Cunqueiro, denominado Clara Campoamor, cuxas obras, adxudicadas a Misturas, finalizaron o pasado mes de xullo. Trátase dun aparcadoiro en superficie, ao aire libre, con capacidade para 400 prazas, construído nunha parcela de 17.000 metros cadrados que está localizada xunto ao complexo ...
