Novas
22/04/2021
Novo albergue de peregrinos no centro histórico de Vigo (Pontevedra)
Misturas completou as obras do novo edificio para albergue de peregrinos situado no centro histórico de Vigo. Nesta obra acometeuse a rehabilitación integral de dous edificios de carácter histórico, situados no barrio pesqueiro do Berbés, que se atopaban en estado ruinoso: respectáronse os soportais e fachadas de pedra orixinais de ambos os edificios e engadíronse ...
10/02/2021
Misturas finaliza o proxecto EMULCELL coa construción dun tramo de proba-prototipo que incorpora asfalto experimental
O pasado 31/12/2020 Misturas finalizou o proxecto de I+D EMULCELL, acometido pola empresa co apoio do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI), organismo dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación (Ref. IDI-20171097). No último trimestre de 2020 construíuse no Polígono de Chorente, en Allariz (Ourense), o tramo de proba previsto no proxecto, que ...
21/01/2021
Colocación da primeira pedra e inicio da nova glorieta do “Cruzamento de Sol e Mar” en Oleiros, A Coruña
O pasado 15 de decembro tivo lugar a colocación da primeira pedra e inicio das obras de remodelación do “Cruzamento de Sol e Mar”, en Perillo, Oleiros (A Coruña). O acto simbólico estivo presidido por Javier Losada, Delegado do Goberno en Galicia, e Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros (ambos na imaxe), acompañados por técnicos ...
04/12/2020
MISTURAS, galardoada nos IV Premios PEME do Ano de Ourense
Misturas foi unha das empresas galardoadas nos IV Premios PEME do Ano de Ourense, convocados anualmente polo Banco Santander e a Cámara de Comercio de España. Estes premios recoñecen o desempeño e esforzo deste tipo de empresas, pola súa contribución á xeración de riqueza e creación de emprego na nosa comunidade. Misturas obtivo o accésit ...
06/11/2020
O CITEEC da Universidade da Coruña (UDC) estrea novo laboratorio coa participación de MISTURAS
O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña (UDC) puxo en marcha un novo laboratorio para estudos hidrolóxicos no Campus Universitario de Elviña (A Coruña). A nova instalación, construída coa participación de MISTURAS, consta dun prototipo de sección de rúa a tamaño real, con beirarrúas e pavimento asfáltico, ...
15/10/2020
O Colexio Padre Feijoo de Allariz (Ourense) inicia o curso académico con importantes melloras na eficiencia enerxética do edificio
O Colexio de Educación Infantil e Primaria Padre Feijoo de Allariz iniciou o curso académico 2020/2021 cunha completa remodelación enerxética, realizada por MISTURAS. As actuacións estiveron encamiñadas a mellorar significativamente a eficiencia enerxética das instalacións escolares. Para este fin, rehabilitouse a envolvente do edificio, incorporando elementos de illamento térmico no exterior dos cerramentos (placas SATE ...
07/09/2020
Misturas completa a reforma e acondicionamento do Pavillón XII da Casa de Campo de Madrid
Misturas terminou o pasado mes de agosto as obras de reforma e acondicionamento do Pavillón XII do Recinto Feiral da Casa de Campo de Madrid. Trátase dun edificio singular, de 2 plantas, construído en 1965 como pavillón de exposicións do Instituto Nacional de Industria, destinado a exhibicións de maquinaria pesada, que foi deseñado orixinalmente polo ...
27/07/2020
A conservación de estradas de Pontevedra-Norte, xestionada pola UTE Misturas-Extraco PO-01, participa na desinfección de rúas na loita contra a COVID-19
Os medios técnicos e humanos do contrato de conservación de estradas Pontevedra-Norte, xestionados pola UTE MISTURAS-EXTRACO PO-01, colaboraron activamente nos traballos de desinfección de ruas e vias para mitigar a propagación da COVID-19 en Galicia. Desde que comezou a pandemia, os vehículos empregados nas operacións de vialidade invernal foron reconvertidos para dosificar unha solución desinfectante ...
19/06/2020
Misturas reforza os seus protocolos de seguridade fronte a crise do COVID-19
Seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, e co fin de evitar a propagación do COVID-19, MISTURAS reforzou os seus protocolos de seguridade para previr contaxios entre os seus traballadores, provedores, subcontratistas e clientes. Unha das primeiras accións desenvolvidas pola empresa foi a realización de estudos de risco específicos asociados a cada obra, adaptando os diferentes ...
20/03/2020
MISTURAS INICIA AS OBRAS DO NOVO CENTRO DE SAÚDE DE BOUZAS EN VIGO
Misturas iniciou a construción do novo centro de saúde de Bouzas, no centro histórico deste tradicional barrio de Vigo, nun solar propiedade do Concello, que cedeu varias parcelas para a construción do novo equipamento público. Trátase dun edificio de nova construción que se integrará na trama urbana da Alameda de Suárez Llanos e no centro ...
