• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

20/12/2019

Un estudo con participación de Misturas, premiado na feira Innovacarretera

Un estudo con participación de Misturas, premiado na feira Innovacarretera

Un estudo realizado con participación de Misturas recibiu o Premio ao mellor Proxecto de I+D+i exposto na feira Innovacarretera 2019. Concretamente, o “Estudo comparativo de dous métodos de deseño para mesturas asfálticas recicladas en frío in situ con emulsión bituminosa en laboratorio”, dos investigadores Pablo Orosa, Ana María Rodríguez e Ignacio Pérez, da ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (UDC), cos que a empresa colabora de maneira habitual.

Ademais, Misturas participou nesta feira presentando diferentes resultados relacionados con varios proxectos de I+D que está a desenvolver actualmente. A celebración de Innovacarretera, impulsada pola Plataforma Tecnológica Española de la Carretera (PTC) para a demostración de produtos e servizos innovadores de aplicación ás infraestruturas viarias, foi unha de principais novidades da XXX Semana da Estrada.

Este evento, que tivo lugar a finais de outubro en Santiago de Compostela, é un dos congresos de maior prestixio en España sobre infraestruturas viarias, promovido pola Xunta de Galicia e organizado pola Asociación Española de la Carretera (AEC), coa colaboración da Asociación Técnica de Carreteras (ATC) e a Asociación Española de Fabricantes de Mezclas Asfálticas (Asefma). O evento tivo seis retos principais: redefinir o modelo de xestión e conservación da rede, reducir as cifras de accidentes, solucionar os problemas de explotación, responder ao desafío tecnolóxico pendente, garantir unha mobilidade eficiente e sustentable, e sintonizar coas inquietudes dos cidadáns.

FOTO 2

  • Voltar