• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

22/07/2018

Técnicos de Misturas mostran nun foro internacional a súa experiencia no uso do xeorradar nun proxecto arqueolóxico

Técnicos de Misturas mostran nun foro internacional a súa experiencia no uso do xeorradar nun proxecto arqueolóxico

Técnicos do Departamento de I+D de Misturas presentaron na última edición do Congreso Euro-Americano de Patoloxías da Construción, Rehabilitación e Xestión do Patrimonio, Rehabend 2018, celebrado en Cáceres o pasado mes de maio, un relatorio baseado na súa experiencia no emprego de técnicas de inspección con xeorradar (GPR) no xacemento romano de Aquis Querquennis, situado en Bande (Ourense).

Misturas xa tivo ocasión de expor outros resultados dos seus traballos de Investigación e Desenvolvemento nas dúas edicións anteriores deste foro científico-técnico de primeiro nivel, que se convoca con carácter bianual e que tiveron lugar en Santander en 2014 e en Burgos en 2016. Precisamente, na cita burgalesa, os expertos da construtora ourensá defenderon as potencialidades do uso do xeorradar na análise e inspección de infraestruturas do transporte e estado do subsolo.

Na última edición deste congreso centráronse nunha proba concreta de aplicación desta tecnoloxía no xacemento de Bande, datado entre os séculos I e II, no reinado de Vespasiano, e probablemente construído para defender a vía XVIII, que discorría entre as actuais cidades de Braga (Portugal) e Astorga (León). O relatorio levou por título “toGPRi: ferramenta de procesado e visualización de datos GPR-3D na documentación do patrimonio cultural. Aplicación aos restos romanos de Aquis Querquennis en Bande”, e é froito da colaboración de Misturas co Grupo de Investigación en Xeotecnoloxías Aplicadas á Construción, Enerxía e Industria da Universidade de Vigo.

En Rehabend 2018, cuxas xornadas técnicas se desenvolveron no Centro Cultural San Francisco, cedido pola Deputación de Cáceres, participaron expertos de máis de 60 universidades e centros de investigación de todo o mundo. A organización do congreso correu a cargo do Grupo de Tecnología de la Edificación de la Universidad de Cantabria e a EPS de Cáceres-Universidad de Extremadura, baixo a coordinación dos profesores Luis Villegas e César Medina.

PROYECTO ARQUEOLOGICO 4
PROYECTO ARQUEOLOGICO 2


  • Voltar