• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

14/02/2017

Recuperación e mellora de varios tramos do Camiño de Santiago

Recuperación e mellora de varios tramos do Camiño de Santiago

Misturas foi adxudicataria dun contrato da Axencia de Turismo de Galicia, organismo dependente da administración autonómica, para acometer as obras de recuperación, sinalización e mellora de varios tramos do Camiño de Santiago do Norte, concretamente nas coñecidas como ‘Ruta da Costa’ e ‘Ruta do Interior. Camiño Primitivo ou de Oviedo’.

Entre as actuacións que Misturas está a levar a cabo destacan as partidas para a mellora de firmes e drenaxes nos distintos tramos da ruta, así como a sinalización e adaptación á delimitación oficial das vías.

A actuación sitúase sobre as trazas do ‘Camiño do Norte’, que ten consideración de Ben de Interese Cultural (BIC) como conxunto histórico. Esta ruta percorre a cornixa Cantábrica desde Irún a Santiago e, en Asturias, divídese en dous ramais: o Camiño Primitivo e o Camiño da Costa. As zonas de paso son Ribadeo, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Begonte, Friol, Sobrado, Boimorto, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela.

Ao longo de todo o traxecto substitúense as placas de puntos quilométricos por outras que indican a distancia correcta e retírase a sinalización sobrante e os elementos en mal estado. Ademais, Misturas encárgase da limpeza de cunetas e noiros e da mellora de firmes, así como da roza nos casos de recuperación de antigos trazados.

SEÑALIZACIÓN CAMINO Misturas 2017-1

  • Voltar