• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • Misturas entrega un novo edificio de mando e un garaxe para vehículos pesados na base militar Conde Gazola
  • A área recreativa e natural do encoro de Cachamuíña gaña accesibilidade

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

20/07/2025

Primeira construtora galega en certificar o seu sistema de xestión da innovación segundo a nova norma ISO

Primeira construtora galega en certificar o seu sistema de xestión da innovación segundo a nova norma ISO

 

A Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR) aprobou o pasado mes de xuño a certificación do sistema de xestión de I+D+i de Misturas segundo a nova norma ISO 56.001, o que converteu a empresa na primeira construtora galega en obter este selo.

A nova norma substitúe á antiga UNE 166.002, que desaparecerá definitivamente no 2026.

Misturas iniciou este ano o proceso de migración ao novo referencial, primeiro de ámbito internacional de sistemas de xestión de I+D+i. A súa implantación supón ampliar o concepto de innovación a novos enfoques para xerar valor e mellorar a competitividade nas empresas nas que se teña asentado.

A certificación de Misturas abrangue as actividades de investigación, desenvolvemento e innovación en aproveitamento e reciclaxe de materiais, eliminación de residuos aplicados na produción de mesturas bituminosas, tecnoloxía de inspección e optimización da xestión de infraestruturas lineais e estradas, e desenvolvemento de novos materiais para construción.

A imaxe amosa ao director de Aenor Galicia, José Enrique Rodríguez Coello, facendo entrega do novo certificado a Francisco Javier Prego Martínez, enxeñeiro responsable do departamento de I+D+i de Misturas.

 

Entrega do certificado ISO 56001 a Misturas por AENOR Galicia

Entrega del certificado ISO 56001 a Misturas por AENOR Galicia.
  • Voltar