• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Entra en servizo o novo albergue de peregrinos de A Laxe en Vilasantar (A Coruña)

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

2013 - Misturas, S.A.

Novas

16/03/2015

Misturas reforma o Parque de Bombeiros de Teis en Vigo e mellora a súa eficiencia enerxética

Misturas reforma o Parque de Bombeiros de Teis en Vigo e mellora a súa eficiencia enerxética

Achegarse o máis posible á autosuficiencia enerxética do Parque de Bombeiros de Teis, en Vigo, é un dos principais obxectivos das obras de remodelación do inmoble que está a rematar Misturas. O proxecto incluíu unha instalación para xeración de enerxía solar para auga quente sanitaria e sistemas xeotérmicos que serven como apoio ao sistema de calefacción de gasóleo preexistente. Ambas actuacións implican un importante aforro económico, extremo que resaltou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, nunha recente visita de inspección ás obras (na imaxe).

Os traballos, adxudicados polo Concello de Vigo a Misturas, consistiron na reforma xeral da cimentación do edificio e da zona de tránsito dos camións, habilitando unha porta de saída para cada un, de xeito que varios vehículos poidan partir a unha urxencia de forma simultánea sen necesidade de facer manobras. Ademais afrontouse unha mellora da habitabilidade do inmoble, creando novos espazos para o persoal.

A actuación completarase tamén con outros cambios no exterior do edificio, no que o formigón visto será revestido cunha fachada metálica ventilada.

  • Voltar