• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

15/03/2022

Misturas protagoniza o especial sobre innovación sostible do programa “Vivir Aquí” de Televisión de Galicia (TVG)

Misturas protagoniza o especial sobre innovación sostible do programa “Vivir Aquí” de Televisión de Galicia (TVG)

Misturas foi a protagonista da edición especial sobre innovación sostible do programa “Vivir aquí” de Televisión de Galicia (TVG), emitido o pasado 15 de xaneiro na cadea autonómica. O espazo presentado polo xornalista Antón Galocha mostrou algunhas das iniciativas desenvolvidas pola compañía para fabricar pavimentos máis respectuosos co medio ambiente. Ademais de visitar a planta de produción de mesturas bituminosas en frío situada en Allariz (Ourense), a reportaxe centrouse nas mesturas aditivadas con nanocelulosa resultantes do proxecto de I+D+i “EMULCELL”, desenvolto por Misturas coa colaboración de CETIM, Centro Tecnolóxico e do Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da Universidade da Coruña (UDC), apoiados polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI)-Ministerio de Ciencia e Innovación (Ref. IDI-20171097).

O equipo de TVG desprazado a Allariz foi atendido por técnicos da empresa, que explicaron aos televidentes as características do tramo de firme experimental construído para probar, a escala real, as prestacións dos novos materiais desenvolvidos.

A grava-emulsión aditivada con nanocelulosa presentada nesta reportaxe obtivo en 2021 o primeiro premio do “I Certame de Materiais Innovadores de Galicia”, organizado pola Axencia Galega de Innovación-GAIN, a través da Materioteca de Galicia, e deixa patente a aposta de Misturas por fomentar a sustentabilidade na construción e a incorporación da economía circular na súa actividade diaria.

Pode ver a reportaxe completa na seguinte ligazón:

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/vivir-aqu-semanal-69-5478908

foto 2
foto 3
foto 4


foto 5
foto 6
foto 7


foto 8


  • Voltar