• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

18/10/2019

Misturas participa no comité asesor da Agrupación Estratéxica do CITEEC da Universidade da Coruña

Misturas participa no comité asesor da Agrupación Estratéxica do CITEEC da Universidade da Coruña

dirección de Misturas foi convidada a participar na reunión do comité asesor científico externo da Agrupación Estratéxica do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña (UDC), que tivo lugar o pasado 27 de setembro.

Este comité, formado por representantes institucionais e empresariais de recoñecido prestixio vinculados coas temáticas científicas da agrupación, asesora sobre a estratexia xeral da mesma para reforzar o vínculo co tecido empresarial e a colaboración en I+D.

Misturas desenvolve actualmente co Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da ETS Enxeñeiros de Camiños da Coruña o proxecto de I+D ‘Emulcell: Desenvolvemento de novas emulsións bituminosas mediante o uso de nanocelulosa para a obtención de mesturas asfálticas en frío melloradas e sustentables’, no que participan como investigadores principais os profesores Ignacio Pérez e Ana María Rodríguez, xunto coa Área de Materiais Avanzados do CETIM (Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial). Este proxecto está cofinanciado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial-CDTI. Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (Ref. IDI-20171097)

MISTURAS 4
MISTURAS 3
MISTURAS 2




  • Voltar