• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós

Últimas novas

  • Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense
  • Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

21/08/2017

Misturas leva o xeorradar ao Congreso Internacional de Estruturas de ACHE

Misturas leva o xeorradar ao Congreso Internacional de Estruturas de ACHE

Misturas participou na sétima edición do Congreso Internacional de Estruturas da “Asociación Científico-Técnica del Hormigón Estructural” (ACHE), cun relatorio titulado ‘Técnicas de Inspección GPR en construción: Aplicación Android para o procesado de sinal’, que analiza a utilidade do xeorradar (Ground Penetrating Radar, GPR) como técnica de inspección non destrutiva no estudo e control das estruturas de formigón.
O evento, organizado por ACHE, celebrouse na Coruña en xuño pasado, e nel participaron expertos de diferentes países para presentar as últimas novidades en ámbitos como a investigación en novos materiais de construción, a realización de obras de enxeñería civil e de edificación, ou a xestión e mantemento de estruturas, entre outros.
O departamento de I+D de Misturas presentou este relatorio xunto a Abakal Enxeñeiros e especialistas do Centro Universitario da Defensa da Escola Naval de Marín, centro adscrito á Universidade de Vigo. A comunicación centrouse no desenvolvemento dunha aplicación para móbil que permite o procesado básico do sinal electromagnético do xeorradar en smartphones convencionais, sen ter que recorrer sistemáticamente a programas comerciais.
Este relatorio, xunto co resto de comunicacións presentadas no congreso, incluíuse no volume 68º ‘Especial Congreso’ da prestixiosa revista ‘Hormigón y Acero’, editada cada catro meses por ACHE.

  • Voltar