• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

20/03/2020

MISTURAS INICIA AS OBRAS DO NOVO CENTRO DE SAÚDE DE BOUZAS EN VIGO

MISTURAS  INICIA AS OBRAS DO NOVO CENTRO DE SAÚDE DE BOUZAS EN VIGO

Misturas iniciou a construción do novo centro de saúde de Bouzas, no centro histórico deste tradicional barrio de Vigo, nun solar propiedade do Concello, que cedeu varias parcelas para a construción do novo equipamento público.

Trátase dun edificio de nova construción que se integrará na trama urbana da Alameda de Suárez Llanos e no centro histórico de Bouzas, na Praza de M. Diego Santos. O proxecto construtivo (de Collarte Architects, SLP) incorpora os restos de antigas construcións que existiron na parcela, organizándoas ao redor dun patio interior ou “solaina”, a modo de construción tradicional.

Sobre o solar da antiga “Casa Guiancé” vai ubicarse un soportal de entrada, vestíbulo e recepción, zona de atención ao público, historias clínicas, consulta de medicina xeral e enfermería, sala polivalente e zonas de espera,  aseos e escaleiras ao primeiro piso e ascensores. Pola sua parte, sobre os restos do nº 7 da R/ Ferreiros estarán os vestiarios de persoal e instalacións (caldeiras, equipos de ventilación, comunicacións e grupo electróxeno).

O primeiro piso do novo edificio organízase tamén ao redor dun patio interior, estando ambos volumes comunicados por unha galería exterior que dará cara a Praza de Suárez Llanos: mentras que a zona que ocupou o antiguo número 7 da R/ Ferreiros albergará unha zona de persoal con sala de estar, biblioteca e sala de xuntas, a da antigua “Casa Guiancé”  acollerá unha sala de espera, duas consultas de medicina xeral e duas de enfermería, así como aseos de uso público.

En total, a superficie construída do novo centro de saúde de Bouzas excederá os 470 m2 en todo o conxunto.

Centro_Salud

 

  • Voltar