• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

18/11/2021

Misturas gaña o “I Certame de Materiais Innovadores de Galicia”, organizado pola Axencia Galega de Innovación-GAIN

Misturas gaña o “I Certame de Materiais Innovadores de Galicia”, organizado pola Axencia Galega de Innovación-GAIN

Misturas resultou gañadora do “I Certame de Materiais Innovadores de Galicia”, organizado pola Axencia Galega de Innovación-GAIN, a través da Materioteca de Galicia. A mestura bituminosa en frío aditivada con nanocelulosa desenvolvida por Misturas, coa participación de CETIM Centro Tecnolóxico e o Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da Universidade da Coruña (UDC) gañou este certame, na categoría Empresa-Investigación. Trátase dun biopavimento alternativo ao asfalto convencional formulado como unha mestura en frío, de tipo grava-emulsión, que incorpora nanocelulosa na súa composición, o que lle confire un alto grao de sustentabilidade e valor engadido, potenciando ademais un sector tan importante para Galicia como é o forestal. Este material é resultado do proxecto de I+D+i “EMULCELL”, co-financiado polo “Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial” (CDTI)-Ministerio de Ciencia e Innovación, entre 2017 e 2020 (Ref. IDI-20171097).

A sustentabilidade e orientación á economía circular foron a nota común nos catro materiais gañadores, seleccionados de entre as 80 candidaturas presentadas, organizadas nas categorías de artesanía, empresas, centros de coñecemento e consorcios mixtos empresa-investigación.

O peche do certame tivo lugar nas instalacións de CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol o pasado 3 de novembro, coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Materiais,  nun acto presidido por Patricia Argerey, directora de GAIN, que entregou aos premiados un vaso campaniforme conmemorativo, deseñado especialmente para a ocasión e fabricado con polímeros impresos con tecnoloxía 3D.

Durante a celebración do evento presentouse unha publicación con entrevistas aos creadores dos materiais seleccionados e finalistas, para contribuír  á difusión pública do esforzo que realizan profesionais, empresas e centros de coñecemento galegos no campo da I+D+i en materiais innovadores. Pode descargar a publicación aquí.

Pode ver un breve vídeo resumo dos dous materiais premiados na categoría Empresa-Investigación no seguinte enlace.

Máis información en: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/63240/sostenibilidad-circularidad-triunfan-certamen-materiales-innovadores-galicia?langId=es_ES

IMG-20211104-WA0004
INTERIOR 3-IMG-20211104-WA0005
INTERIOR 6


INTERIOR 7
INTERIOR 1-IMG-20211104-WA0006
INTERIOR 2-IMG-20211104-WA0007




  • Voltar