• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

04/12/2020

MISTURAS, galardoada nos IV Premios PEME do Ano de Ourense

MISTURAS, galardoada nos IV Premios PEME do Ano de Ourense

Misturas foi unha das empresas galardoadas nos IV Premios PEME do Ano de Ourense, convocados anualmente polo Banco Santander e a Cámara de Comercio de España. Estes premios recoñecen o desempeño e esforzo deste tipo de empresas, pola súa contribución á xeración de riqueza e creación de emprego na nosa comunidade.

Misturas obtivo o accésit de “Dixitalización e Innovación 2020”, tras presentar ao galardón o proxecto de I+D EMULCELL, que desenvolve novas emulsións bituminosas aditivadas con nanocelulosa, para obter mesturas asfálticas en frío melloradas e ambientalmente sostibles. Neste proxecto, Misturas traballou estreitamente co Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da Universidade da Coruña (UDC) e o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM), con apoio do “Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial” (CDTI), organismo dependente do Ministerio de Economía e Competitividade-Goberno de España (Ref. IDI-20171097). O conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González, participou na entrega dos galardóns, que tivo lugar en Ourense o pasado 19 de novembro, nun acto no que destacou o “papel fundamental” das pequenas e medianas empresas galegas para facer fronte á situación sanitaria e económica xerada polo COVID-19 (Fotografías cedidas polo Banco Santander).

imagenfoto

  • Voltar