• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético
  • Proxectos financiados

Últimas novas

  • A pleno rendemento o macroplan de estradas da comunidade de Aragón
  • Misturas entrega un novo edificio de mando e un garaxe para vehículos pesados na base militar Conde Gazola

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

20/10/2016

Misturas constrúe o novo centro de saúde de Pontedeva

Misturas constrúe o novo centro de   saúde de Pontedeva

Misturas foi a empresa encargada da construción do novo centro de saúde do Outeiro, no concello ourensán de Pontedeva, unhas obras que acaban de finalizar.

A obra, promovida pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, comprende un novo edificio de dúas plantas, organizado nun único volume compacto do que sobresaen dous soportais que marcan as entradas de ambas as plantas. O inmoble está libre de barreiras arquitectónicas e conta cun ascensor que comunica as dúas alturas.

Na planta baixa situase unha sala de xuntas/biblioteca, vestiarios e zonas de limpeza, almacéns de residuos sanitarios e urbanos con distribuidores de comunicación, e o cuarto de instalacións xerais do edificio.

Na planta superior está a recepción, con acceso directo ao arquivo de expedientes médicos, espazos específicos para xinecoloxía e obstetricia, e unha gran sala de espera que dará acceso ás áreas de consulta médica e de enfermería. Cada sala estará dotada dunha cortina de separación entre a zona de recoñecemento e a de despacho médico.

Cunha superficie construída superior aos 400m2, o edificio dispón ademais dunha escaleira de comunicación entre as dúas plantas e dunha cuberta plana invertida, transitable, sobre unha laxe armada.

pontedeva
1_FSV1698
2_FSV1685


3_FSV1744_5
4_FSV1762


  • Voltar