• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético
  • Proxectos financiados

Últimas novas

  • A pleno rendemento o macroplan de estradas da comunidade de Aragón
  • Misturas entrega un novo edificio de mando e un garaxe para vehículos pesados na base militar Conde Gazola

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

20/09/2018

Misturas asume a conservación de estradas do Sur da provincia de Pontevedra

Misturas asume a conservación de estradas do Sur da provincia de  Pontevedra

Misturas é a nova empresa responsable da conservación ordinaria das estradas provinciais do sur de Pontevedra, despois de que a Deputación Provincial lle adxudicara o servizo para os vindeiros catro anos. O contrato asinouse o pasado mes de xuño.
As tarefas que desenvolverá Misturas abarcan, por unha banda, operacións programadas de mantemento de vías e, por outra, a atención de incidencias necesaria para manter as estradas en condicións óptimas de viabilidade e seguridade para os usuarios. Entre as operacións de conservación programadas atópanse a limpeza e acondicionamento de marxes, movementos de terras e control de noiros para evitar posibles aterramentos e desprendementos, reparacións nas drenaxes, pavimentos e obras de fábrica, así como tarefas de sinalización e balizamento de vías.
O contrato abarca un total de 488 quilómetros de estradas convencionais no sur da provincia de Pontevedra. Os municipios nos que se desenvolverá este labor son Vigo, Nigrán, Gondomar, Baiona, Porriño, Salceda de Caselas, Mos, Pazos de Borbén, Redondela, Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, A Guarda, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente.

  • Voltar