• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós

Últimas novas

  • Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense
  • Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

10/12/2017

Misturas aposta polo uso combinado de técnicas non destrutivas na inspección de estruturas portuarias

Misturas aposta polo uso combinado de técnicas non destrutivas na inspección de estruturas portuarias

Misturas presentou no III Congreso Internacional de Enxeñería Civil e Territorio, celebrado en Vigo en outubro pasado, unha comunicación sobre os resultados do uso combinado de técnicas de inspección non destrutivas en zonas portuarias.

Concretamente, os responsables da iniciativa destacaron que a utilización combinada de  Xeorradar (Ground  Penetrating Radar –  GPR),  Termografía Infravermella (Infrared  Thermography -  IRT) e Láser Escáner Terrestre ( Terrestrial  Laser  Scanning -  TLS) abre un novo abano de posibilidades para a localización, análise e determinación do alcance das patoloxías que se poden producir nas instalacións portuarias. Neste sentido, incidiron en que en moitas ocasións prodúcense afundimentos parciais ou  ocos e cárcavas en zonas de recheo, que poden chegar a alterar a superficie e afectar á súa operatividade, poñendo en perigo a integridade das estruturas portuarias.

Os autores presentaron aos asistentes ao evento, organizado en Vigo polo Colexio de  Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e a Ordem dos Engenheiros de Portugal, o caso de estudo dunha chaira portuaria de Galicia, na que analizaron a potencialidade das tres técnicas de inspección non destrutivas (TND) combinadas á hora de coñecer un problema subxacente, analizar as súas causas e buscar unha solución técnica adecuada para a súa reparación.

As conclusións indican que o  GPR é unha técnica adecuada para obter información do interior das estruturas; a cámara IRT, para detectar anomalías superficiais e  subsuperficiais,  imposibles de detectar en inspeccións visuais, e o TLS, para o recoñecemento e medición das patoloxías localizadas na superficie visible do recheo.

  • Voltar