• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

07/04/2022

Iniciadas as obras do futuro Centro Tecnolóxico “ Silver Economy” de Zamora, coa visita do presidente da Deputación Provincial

Iniciadas as obras do  futuro Centro Tecnolóxico “ Silver  Economy” de Zamora, coa visita do presidente da Deputación Provincial

O pasado marzo Misturas iniciou as obras de acondicionamento do Viveiro de Empresas de La Aldehuela, en Zamora, no que se situará o futuro Centro Tecnolóxico de Innovación “Silver  Economy”. Trátase dun novo centro de traballo con vocación internacional, destinado a iniciativas empresariais relacionadas cos coidados ás persoas maiores, impulsado pola Deputación Provincial de Zamora.

O futuro centro tecnolóxico ocupará máis de 1.500  m2 e estará formado por varios espazos multifunción, configurando unha proposta innovadora única en España, cuxo principal obxectivo é a investigación e o desenvolvemento de tecnoloxías e servizos especializados no campo dos coidados aos maiores. A Deputación zamorana pretende potenciar o establecemento de empresas de base tecnolóxica, centros de investigación,  start-ups universitarias, laboratorios mixtos empresa-universidade e departamentos de I+D+i nas novas instalacións. Para iso, a entidade provincial asinou, recentemente, un acordo coa Universidade de Salamanca para o impulso e difusión da cultura científica e o intercambio de coñecemento entre esta institución académica  e as empresas asentadas no parque tecnolóxico

D. Francisco Requejo, presidente da Deputación Provincial, e D. Emilio Fernández, deputado de Desenvolvemento Económico, visitaron as obras o pasado 30 de marzo, acompañados por técnicos de Misturas, que explicaron a planificación e o desenvolvemento dos traballos que están agora mesmo en marcha.

A intervención de  Misturas en La Aldehuela completarase coa construción dun novo aparcamento, situado enfronte do Viveiro de Empresas, que contará con varios postos de recarga para vehículos eléctricos.

FOTO 1
FOTO 2
FOTO 3


FOTO 4
FOTO 5
FOTO PORTADA ZAMORA




  • Voltar