• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

20/04/2017

Inaugurado o novo centro de saúde de Barbadás construído por Misturas

Inaugurado o novo centro de saúde de Barbadás construído por Misturas

Misturas foi a empresa responsable, en UTE xunto a Extraco, da construción do novo centro de saúde de A Valenzá, no concello de Barbadás (Ourense), que abriu ao público hai poucas semanas.

O novo edificio, promovido polo Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia, ten unha superficie de case 2.000 metros cadrados e comprende tres volumes, dous laterais e un central, e está enclavado nun desmonte a media ladeira, na populosa zona de A Valenzá, moi próxima de Ourense capital.

Na planta baixa está a entrada principal, baixo un gran beiril de formigón visto. Na súa parte central atópanse os vestiarios, almacén de residuos, oficios e as consultas de pediatría, sala de técnicas e de urxencias. Nun dous laterais desta planta atópanse a área do programa de muller, a consulta da matrona e unha sala de educación para a saúde;  e no outro hai salas de instalacións, caldeiras e demais zonas de mantemento do novo inmoble.

A planta alta ocupa só a parte central do edificio, na que se encontran as consultas de medicina xeral e de odontoloxía.

Os corpos laterais están retranqueados respecto ao volume central. Na zona Sur habilitouse a entrada para ambulancias e coches de servizo e rematouse cara a beirarrúa cun xardín. Na zona Norte configurouse unha nova praza pública, con espazos verdes e unha bancada que, ademais de dar servizo á cidadanía, serve para a evacuación de emerxencia da planta superior.

En canto aos materias empregados, destaca a utilización de formigón (máis de 3.500 m3). Todas as fachadas están resoltas con formigón visto en táboa de 10 centímetros e aluminio anodizado en cor gris, que aporta sobriedade ao conxunto do edificio. Nos interiores, as cores empregadas foron unha combinación de branco e de gris, alternándose nas diferentes salas do edificio.

11 misturas
7 misturas
8 misturas


CSAValenza
6 misturas
9 misturas




  • Voltar