• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

17/06/2016

Expertos de Misturas analizan as utilidades do xeorradar no congreso Rehabend 2016

Expertos de Misturas analizan as utilidades do xeorradar no congreso Rehabend 2016

Persoal técnico do departamento de I+D+i de Misturas presentou un relatorio sobre as utilidades do xeorradar na análise e inspección de infraestruturas do transporte e estado do subsolo no recente Congreso Euro-Americano Rehabend 2016. O encontro técnico, baixo o lema ‘Patoloxía da Construción, Tecnoloxía da Rehabilitación e Xestión do Patrimonio’, tivo lugar en Burgos e nel participaron relatores de sete países europeos e americanos.

O persoal de Misturas estivo acompañado por investigadores da Universidade de Vigo, cos que precisamente participaran nun exitoso proxecto de investigación sobre a aplicación de tecnoloxías para a xestión e inspección de infraestruturas, financiado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI).

Coa análise de varios exemplos de uso do xeorradar (Ground Penetrating Radar-GPR, polo seu nome en inglés), os investigadores puideron demostrar que se trata dunha técnica non destrutiva, fiable e efectiva na análise e prospección de capas de firmes e chairas no ámbito de obra civil e da edificación.

Os técnicos de Misturas destacaron o especial interese que esta tecnoloxía ten para o control de calidade en obras de enxeñería civil e para a localización de elementos enterrados, así como para a análise de infraestruturas nas súas primeiras fases de construción ou para a detección de potenciais patoloxías en estradas e zonas de recheo: ocos, gretas, traxectorias preferenciais de cursos de auga…

  • Voltar