• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • Misturas acóllese ao Plan Moves III para mellorar a sostibilidade da súa frota de vehículos
  • A Escola de Verán de Enxeñería Civil coñece Allariz da man de Misturas

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

01/03/2016

‘Enxeñaría Viva’, a exposición que mostra o traballo dos enxeñeiros de Camiños

‘Enxeñaría Viva’, a exposición que mostra o traballo dos enxeñeiros de Camiños

Misturas S.A. é unha das empresas colaboradoras na exposición itinerante ‘Enxeñaría Viva’, unha iniciativa impulsada polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia no marco da celebración dos ‘Encontros de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos 2015’.

A mostra ten por obxectivo dar a coñecer á sociedade o conxunto de actividades que comprende a enxeñería civil, desde campos como a construción e a xestión de infraestruturas do transporte, ata estruturas portuarias, presas, saneamento, depuración e tratamento de augas, ou o urbanismo, o medio ambiente e os servizos urbanos. Todas estas áreas están representadas con fotografías de obras emblemáticas desenvolvidas por profesionais de primeiro nivel.

A exposición puido visitarse ata finais de febreiro pasado na E.T.S. Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Coruña, no campus de Elviña. A construtora de Ourense Extraco S.A. foi outra das participantes.

CIMG7951

  • Voltar