• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

04/05/2022

Entra en servizo o novo albergue de peregrinos de A Laxe en Vilasantar (A Coruña)

Entra en servizo o novo albergue de peregrinos de A Laxe en Vilasantar (A Coruña)

O novo albergue de Vilasantar (A Coruña), construído por Misturas para a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, entrou en servizo esta semana Santa acollendo peregrinos que percorren o Camiño do Norte cara a Santiago, con motivo da ampliación do Ano Santo Compostelán a 2022 e coincidindo co inicio da tempada alta do Xacobeo.

O albergue sitúase na antiga casa reitoral de A Laxe, totalmente rehabilitada para poñela en valor e dar novos usos a edificios emblemáticos do patrimonio cultural de Galicia.

O renovado edificio ten 326 m2 de superficie útil, divididos en dúas plantas que albergan dormitorios xerais, un dormitorio adaptado para persoas con mobilidade reducida, cociña, comedor, zona de estar e baños xerais e adaptados. Conta tamén cunha edificación auxiliar na que se sitúan outros servizos para os peregrinos: lavadoiro, tendedeiro e cuarto para bicicletas.

As novas instalacións suman 30 novas prazas á rede pública de albergues do Camiño de Santiago e foron visitadas por D. Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta de Galicia, o pasado 21 de marzo, quen comprobou a finalización dos traballos acometidos por Misturas, como paso previo á súa apertura ao público.

Pode coñecer mais detalles do Albergue de peregrinos de Vilasantar neste vídeo:  ALBERGUE VILASANTAR 2022

Exterior 1
Exterior 2
Exterior 3


DCIM103MEDIADJI_0375.JPG
DCIM103MEDIADJI_0370.JPG
DCIM103MEDIADJI_0355.JPG


Exterior 7
Interior 1
Interior 2


Interior 3
Interior 4
Interior 5


Interior 6
Interior 7
Interior 8




  • Voltar