• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto

Últimas novas

  • Entra en servizo o novo albergue de peregrinos de A Laxe en Vilasantar (A Coruña)
  • Iniciadas as obras do futuro Centro Tecnolóxico “ Silver Economy” de Zamora, coa visita do presidente da Deputación Provincial

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

2013 - Misturas, S.A.

Novas

13/10/2021

O XIV Congreso de Enxeñería do Transporte (CIT 2021) contou coa participación de Misturas

O XIV Congreso de Enxeñería do Transporte (CIT 2021) contou coa participación de Misturas

Misturas participou no XIV Congreso de Enxeñería do Transporte (CIT 2021), celebrado entre os días 6 e o 8 de xullo pasados na Escola Politécnica Superior da Universidade de Burgos, coa participación de máis de 250 expertos, combinando a presencialidade coa participación “en liña” debido ás restricións polo COVID. O lema desta edición foi “R-Evolucionando o Transporte” e tivo por obxectivo analizar a actual situación do sector, nas súas múltiples facetas, afectado por uns custos e externalidades (conxestión do tráfico; emisións de gases contaminantes; consumo de combustibles; accidentalidade viaria) cada vez maiores. No congreso presentáronse novos modelos e ferramentas para mellorar a súa sustentabilidade ambiental: mobilidade, tráfico e seguridade viaria; modelización; transporte público; novos vehículos e loxística foron os eixos fundamentais sobre os que gravitou o CIT 2021, que expuxo solucións para revolucionar o transporte e cumprir os obxectivos da Axenda 2030.

Misturas presentou a comunicación titulada “Novas emulsións bituminosas fabricadas con nanocelulosas”, que resume parte dos resultados do proxecto de I+D EMULCELL, desenvolvido pola empresa entre 2017 e 2020, co apoio do Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da Universidade da Coruña (UDC) e a Área de Materiais Avanzados do Centro Tecnolóxico CETIM. EMULCELL foi co-financiado polo Centro para el Desarrollo Tecnologico e Industrial (CDTI)- Ministerio de Ciencia e Innovación (Ref. ID-20171097).

O CIT é promovido polo Foro de Enxeñería dos Transportes (FIT), unha asociación académica sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é a convocatoria e organización do congreso cada dous anos, ademais de velar pola calidade científico-técnica dos seus contidos e a orientación do mesmo.

Máis información en: http://www.fit.org.es/

PARA NOTA INTERIOR bannerCIT21

  • Voltar