• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós

Últimas novas

  • Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense
  • Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

15/10/2020

O Colexio Padre Feijoo de Allariz (Ourense) inicia o curso académico con importantes melloras na eficiencia enerxética do edificio

O Colexio Padre Feijoo de Allariz (Ourense) inicia o curso académico con importantes melloras na eficiencia enerxética do edificio

O Colexio de Educación Infantil e Primaria Padre Feijoo de Allariz iniciou o curso académico 2020/2021 cunha completa remodelación enerxética, realizada por MISTURAS. As actuacións estiveron encamiñadas a mellorar significativamente a eficiencia enerxética das instalacións escolares. Para este fin, rehabilitouse a envolvente do edificio, incorporando elementos de illamento térmico no exterior dos cerramentos (placas SATE nas fachadas), nos falsos teitos e baixo-cuberta, substituíndo os tellados orixinais de fibrocemento por outros constituídos por chapa sándwich con illamento intermedio. Foron tamén substituídas as carpinterías exteriores e as luminarias por equipos de alta eficiencia, ampliando a cuberta sobre a planta baixa, a fin de cubrir unha parte do patio.

As obras, terminadas en setembro pasado, incluíron melloras no sistema de calefacción do edificio (coa incorporación de válvulas termostáticas de regulación en todos os radiadores) e a remodelación da entrada principal norte, cunha nova dobre porta con corta-ventos e carpinterías renovadas.

20200911_165159

  • Voltar