• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

24/05/2017

Adxudicado a Misturas o servizo de limpeza, transporte e xestión de residuos dos portos do Sur de Galicia

Adxudicado a Misturas o servizo de limpeza, transporte e xestión de residuos dos portos do Sur de Galicia

Misturas resultou adxudicataria dun contrato de servizos co Ente Público Portos de Galicia. Trátase do “Servizo de limpeza, transporte, recollida e xestión Integral de residuos dos portos dependentes da Zona Sur” da comunidade durante os dous próximos anos. Concretamente encargarase de 43 portos dependentes deste organismo, integrado na Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
Ademais do servizo de limpeza xeral, que inclúe a limpeza da lámina de auga, edificios e canlóns, e a desratización integral das instalacións, no contrato, vixente desde principios de 2017, englóbanse tamén os traballos para a separación, reutilización, valorización e reciclaxe dos residuos que se recollan nestes portos.
Entre os medios materiais achegados pola empresa para desenvolver estas tarefas destacan os novos furgóns para traslado de persoal, camións con recolledor e compactador de carga traseira, un camión con caixa e guindastre, unha varredora sobre chasis de camión, un camión lavacontedores, e unha embarcación especial para a limpeza da lámina de auga. Ademais, o equipo humano está composto por un total de 17 persoas, entre xefe de servizo, xefes de equipo, condutores, limpadores e peóns.
Todos os portos obxecto deste contrato atópanse na provincia de Pontevedra. Destacan pola súa importancia os de Vilanova de Arousa, Tragove (Cambados), O Grove, Portonovo (Sanxenxo), Combarro, Bueu, Cangas, Moaña, Baiona e A Guarda. Todos eles servirán de base para desenvolver as tarefas no resto de instalacións.

IMG-20170418-WA0004
FOTO 2 LIMPIEZA PORTOS MISTURAS
FOTO 5 LIMPIEZA PORTOS MISTURAS


FOTO 3 LIMPIEZA PORTOS MISTURAS


  • Voltar