Rehabilitación do Antigo edificio Lagar en Lourizán (Pontevedra)
Rehabilitación do edificio “Antigo Lagar” situado dentro do recinto do Pazo de Lourizán (Pontevedra), cunha superficie de máis de 600 m2 distribuídos en tres plantas. Os traballos -baixo a dirección do arquitecto Faustino Mena Mur- incluíron a retirada de elementos estraños á edificación orixinal e engadidos posteriores, restauración de muros de pedra, forxados e estruturas de cuberta; divisións interiores; recuperación de pavimentos de pedra e colocación de gres e tarimas de madeira, e acabado total dos interiores, fontanería e saneamento, sistemas contraincendios e calefacción. Entidade contratante: Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.