Reforma da antiga estafeta da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela, A Coruña)
As obras incluíron dúas actuacións diferenciadas. Por unha banda, a reforma da antiga estafeta de correos situada no Rexistro Xeral da Xunta no Complexo Administrativo de San Caetano, e por outra, a ampliación da planta baixa do edificio da Consellería de Medio Rural, cunha superficie superior aos 1.000 m2. Executáronse demolicións en elementos estruturais e nas fachadas, e construíuse unha cimentación directa, con novas zapatas (das que emerxen os muros e piares que conforman o esqueleto do edificio ampliado) e un forxado de bovedillas de formigón e viguetas prefabricadas. A ampliación do inmoble completouse cunha cuberta axardinada, tabiques de ladrillo, pavimentos de mármore, teitos e paredes de cartón xeso, carpinterías fixas en despachos e móbiles no patio interior, e renovación total das instalacións eléctricas e das redes de voz e datos, fontanería e saneamento, contraincendios e calefacción. Entidade contratante: Xunta de Galicia. S.P.I. – Consellería da Presidencia.